Publicada a RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2025 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.
Coa adxudicación dos destinos que se indican no anexo desta resolución, declarase resolto definitivamente o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2025 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos, coa adxudicación dos destinos que se indican no anexo desta resolución.
As listas coas puntuacións e, de ser o caso, os destinos definitivos asignados en cada unha das categorías están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Ademais, o estado de cada solicitude pode consultalo o/a concursante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
De conformidade co previsto na base novena da referida Resolución do 20 de novembro de 2017, os/as concursantes que obteñan praza neste proceso, excepto na categoría de médico/a de familia de atención primaria, deberán cesar na que, de ser o caso, desempeñen, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución.
LISTADOS DO CONCURSO DE TRASLADOS
Acto polo 25N, DIA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, terá lugar o día 25 de novembro ás 13:00 horas, na praza de Santo Domingo ao carón da Árbore da Vida.
A IGUALDADA É O CAMIÑO
O COE de Lugo convoca os “Premios Científicos Muralla 2026″, data límite de presentación o 24 de abril de 2026.
OBXECTIVO: Fomentar a investigación e a participación dos colexiados en actividades científicas relacionadas coa profesión enfermeira. Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, non serán obxecto destes premios os traballos subvencionados por outras entidades científicas ou comerciais, nin teses doutorais presentadas a tal fin, nin traballos que previamente fosen premiados noutros certames.
“Estes Premios están subvencionados polo Consello Xeral de Enfermería dentro do programa de promoción da investigación enfermeira”
- CATEGORÍA CIENTÍFICA: premio a traballos de investigación
1º Premio de 1000 €
2º Premio de 750 € - ARTÍGO CIENTÍFICO: mellor artigoo científico publicado nunha revista relacionado coa profesión enfermeira.
Premio de 500 € - ACCÉSIT ALUMNOS: premio aos traballos presentados polos alumnos da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo.
1º- Premio de 500 €
2º- Premio de 500 €
- LUGO: 18 de decembro a partir de las 17:00h na “Discoteca Exágono” (Enfrente de Hotel Santiago).
- MONFORTE DE LEMOS: 16 de decembro a partir das 17:30h no “Kanguro Park”.
- BURELA: 16 de decembro a partir das 17:00h no “Activity Center”.
- So poderán participar as/os colexiados do COE de Lugo.
- IMPORTANTE: Non se farán inscriciós posteriores a data límite.
- Esta actividade é para fillas/os, sobriños/as ou netas/os de colexiadas/os. So unha das opción por colexiada/o.
- Límite de idade: 12 anos.
- Os agasallos entregaranse únicamente na Festa, non se reservarán senon se acude. Unha vez rematada a Festa os agasallos sobrantes serán recollidos pola tenda.
Dende a Asociación para la Lucha contra las Enfermedades del Riñón de Lugo – ALCER LUGO infórmannos da celebración da:
XVIII XORNADA RENAL
Diálise na casa: Técnicas e mellora do estado de ánimo
- DATA: 16 de novembro
- HORARIO: 10:00 a 14:00 horas
- LUGAR: Salón de Actos do Hospital Universitario Lucus Augusti
Para inscribirte debes contactar coa asociación no teléfono 619 60 97 97 ou enviando un correo electrónico a alcerlugo@gmail.com