Buscar
Buscar

Autor: Noticias Enfermería Lugo

19/07/2026

Posto: Enfermeiro/a Indefinido – Xornada Completa Mañás
Localización: Centro Asistencial de Asepeyo en Lugo
Horario: Luns a venres de 8:00 a 15:30h
Incorporación: Inmediata
Descrición do posto: Buscamos Enfermeira/o para proporcionar coidado e atención de enfermería aos nosos pacientes, seguindo o código deontolóxico da profesión e as directrices de Asepeyo.

Requisitos:

  • Persoa entusiasta e con actitude positiva
  • Capacidade para traballar en equipo
  • Rigoroso/a e con clara orientación ao cliente

En Asepeyo Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 151, somos un equipo de máis de 3400 profesionais, liderando a nivel nacional a máis ampla organización sanitaria propia. Os nosos 175 centros asistenciais, tres hospitais propios e dous hospitais mancomunados constitúen a base da atención sanitaria.

Se che apaixona traballar nun contexto en continuo crecemento, onde os centros asistenciais e hospitais son a representación tanxible da nosa vocación por poñer a máis avanzada tecnoloxía médico-científica ao alcance dos mutualistas e os seus traballadores.

Ligazón á oferta: https://www.infojobs.net/lugo/enfermero-mutua-asepeyo-indefinido-lugo-mananas/of-i3c95084f8b4dd2b29adbfab2d04f81?applicationOrigin=search-new&page=1&sortBy=PUBLICATION_DATE
Contacto: Blanca Franco   bfrancomartinez-falero@asepeyo.es    648277145

Posted in Ofertas Emprego by Noticias Enfermeria Lugo
08/07/2026

Publicada o ANUNCIO do 30 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, en relación coa próxima convocatoria dun concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista en enfermaría familiar e comunitaria.

  • Requisitos, entre outros, ter a condición de persoal estatutario fixo diplomado ou graduado universitario de enfermaría con destino definitivo no centro en que se oferta a praza e estar en posesión da titulación de especialista da convocatoria (título de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria).
  • Teranse en conta, as actualizacións do expediente da/do profesional (Fides/expedient-e) que se realicen ata o día 31 de xullo de 2026 (incluído).
  • No expediente electrónico debe constar rexistrado o título oficial que deriva da disposición transitoria segunda do Real decreto 450/2005, do 22 de abril, sobre especialidades de enfermaría. O certificado de aptitude (a resolución oficial que publica a listaxe de persoas aprobadas) non se considerará válido para os efectos de poder participar no devandito proceso.

DOG nº125

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
08/07/2026

O DOG do 7 de xullo de 2026 publicou a RESOLUCIÓN da Dirección Xeral de Recursos Humanos, na que se modifican as bases do procedemento de concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario do Sistema Público de Saúde de Galicia.

Detalles do Procedemento de Concurso de Traslados:

  • Prazo de inscrición: Ata o 15 de febreiro
  • Publicación da oferta de prazas: Durante o primeiro cuadrimestre do ano
  • Cómputo de prazas: Computaranse as prazas existentes a 31 de decembro do ano anterior
  • Valoración de méritos: ata o 15 de xaneiro, que deberán estar rexistrados en Fides/expedient-e antes do 15 de febreiro do ano correspondente.

O previsto nesta resolución aplicarase ao ciclo de adxudicación do ano 2027 e aos ciclos sucesivos.

DOG nº125

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
21/06/2026

Os días 19, 20 e 21 de xuño, Lugo transforma as súas rúas para mergullarnos no esplendor da época romana co Arde Lucus 2026, unha das celebracións máis esperadas do ano. O evento, que cada ano atrae milleiros de visitantes, é unha oportunidade única para revivir o noso rico patrimonio histórico e cultural.

Un ano máis, o Ilustre Colexio de Enfermería de Lugo únese a esta festa coa súa emblemática actividade:

“A OBSTETRIX: A Matrona dende Roma ata Hoxe”

Desde que foi creada no ano 2014, esta iniciativa busca destacar a importancia histórica e social da figura da matrona, un dos oficios máis antigos e transcendentes da humanidade. O termo “Obstetrix”, que significa “a que está diante”, naceu na antiga Roma para designar ás mulleres que asistían os partos, e representa a orixe da obstetricia moderna.

Nesta edición, as matronas de Lugo recrearán a maxia dun parto na Antiga Roma, amosando elementos históricos como unha réplica dunha cadeira de parto da época, así como o uso de plantas aromáticas que xa daquela se utilizaban para coidar ás nais e aos bebés. Ademais, a actividade servirá para poñer en valor o papel actual das matronas, non só no acompañamento durante o embarazo e o parto, senón tamén na prevención do cancro xinecolóxico e no coidado da saúde da muller en todas as etapas da súa vida, incluída a menopausa.

Onde atoparnos?

Poderás visitar o espazo de “A OBSTETRIX: A Matrona dende Roma ata Hoxe” na Praza Maior, fronte ao Círculo das Artes, durante os tres días do evento. Alí, ademais de aprender sobre a historia desta profesión, mergullaraste na vida de Lucus Augusti, unha das principais urbes da Gallaecia romana, e gozarás dun pasado que cobra vida coma nunca antes.

Ver máis sobre “A OBSTETRIX: A Matrona dende Roma ata Hoxe”.

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
13/06/2026

Publicado no BOP do 12.06.2026, as bases de selección para a cobertura de postos de carácter temporal para prestar servizos na categoría de ENFERMEIRA/O nos Centros de Atención a Maiores dependentes ou vinculados coa Deputación de Lugo.

Centros en funcionamento, nos concellos de Trabada, Ribadeo, Pol, Castroverde, Meira, Fonsagrada, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro e Ribas de Sil. Con proxeccións de apertura en outros lugares tales como Pobra do Brollón, Pontenova, Guitiriz, etc.

Prazo de solicitudes: do 13 ao 22 de xuño de 2026

Os Centros de Atención a Maiores son equipamentos públicos destinados á atención de persoas maiores que se topen nunha situación de necesidade sociosanaitaria ou de illamento social (o que na práctica se traduce que conviven persoas con dependencia e outras con autonomía para a execución das actividades básicas da vida diaria). Están situados en contornas nas capitalidades dos concellos nomeados e albergan unha media de 30 prazas ou persoas usuarias por cada centro que na maioría dos concellos son veciñas e veciños destes concellos.

CONVOCATORIA E BASES ESPECÍFICAS

DESCARGA O MODELO DE SOLICITUDE

MÁIS INFORMACIÓN

 

 

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo