10/06/2026

O Colexio de Enfermería de Lugo en colaboración co Consello Xeral de Enfermería e ISFOS poñen á vosa disposición un proxecto piloto de formación EIR para o ano 2026.
Data límite de inscrición: 30/06/2026 a través do Colexio de Enfermería Lugo, chamando ó teléfono 982 24 24 50 ou enviando un correo electrónico cos datos de colexiada/o ó correo electrónico colexio@enfermerialugo.org
Metodoloxía do curso EIR
Trátase dun curso intensivo, 100% en liña, que dará comezo no mes de setembro ata a data oficial do exame EIR. O programa formativo incluirá:
- Videoclases completas, accesibles en calquera momento.
- Temario actualizado e revisado por expertos na materia, con ampla experiencia na preparación do EIR.
- Test de avaliación ao finalizar cada tema, orientados a afianzar os coñecementos adquiridos.
- Acompañamento continuo por parte dun titor especializado para a resolución de dúbidas.
- Aplicación intelixente de test, adaptada ao progreso individual do alumno.
Así mesmo, co obxectivo de reproducir as condicións reais do exame:
- Cada mes realizarase un simulacro en tempo real, no que o alumno deberá completar a proba conforme o formato e tempo oficial.
- Posteriormente, celebrarase unha sesión en directo para a corrección detallada do simulacro.
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo