Buscar
Buscar

Autor: Noticias Enfermería Lugo

22/12/2025
O Consello Xeral de Enfermaría e o Colexio de Enfermaría de Lugo ofrecémosvos:
Curso “Saúde global, desenvolvemento e acción social: respondendo as desigualdades”
  • Modalidade: Online síncrona
  • Fecha: 11 de xaneiro ao 12 de febreiro de 2026
  • Hora: 1oh
  • GRATUÍTO
  • CRÉDITOS FORMACIÓN CONTINUADA: Non
Obxectivo: Co propósito de analizar os principais problemas de saúde global e as desigualdades que afectan as poboacións máis vulnerables, destacando a necesidade de dar unha resposta colectiva urxente.

TEMA I. Salud global y desigualdades

TEMA II. Agenda 2030 y Objetivos de Desarrollo Sostenible (ODS) en salud

TEMA III. El tercer sector y su impacto en salud

TEMA IV. Acción social, educación para el desarrollo, cooperación y ayuda humanitaria

TEMA V. Cooperación internacional en salud y rol de la enfermería

TEMA VI. Mediación cultural en salud

TEMA VII. Colectivos vulnerables I: sinhogarismo y migración

TEMA VIII. Colectivos vulnerables II: personas en la vejez y mujeres e infancia en riesgo

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
19/12/2025

A Xunta de goberno do Ilustre Colexio de Enfermaría de Lugo deséxavos Bo Nadal e un Aninovo cheo de apertas e mellores 

Que a bondade e os vos desexos do Nadal queden con nós

FELIZ 2026

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
18/12/2025

Mellorar a seguridade do paciente, reducir os falsos positivos e homoxeneizar a práctica clínica en todo o Sistema Nacional de Saúde coa última evidencia dispoñible. Eses son os obxectivos da nova edición da Guía de Práctica Clínica Enfermeira sobre Hemocultivos que acaba de editar o Instituto Español de Investigación Enfermeira do Consello Xeral de Enfermería (CGE).

A nova actualización da Guía de Práctica Clínica Enfermeira sobre Hemocultivos foi incorporada oficialmente ao proxecto GuíaSalud do Sistema Nacional de Saúde, o que garante a súa calidade metodolóxica e apoia a súa utilidade como ferramenta para a toma de decisións clínicas.

A versión 2025 desta guía integra novos contidos destinados a abordar avances tecnolóxicos, resolver dúbidas frecuentes da práctica clínica e reforzar a rigorosidade do procedemento. Entre as incorporacións máis relevantes atópanse os dispositivos de desviación de sangue, que permiten diminuír a contaminación das mostras cando están dispoñibles no centro, e a posibilidade de utilizar a extracción ecoguiada en pacientes con difícil acceso vascular (DIVA). Nestes casos, a guía establece con claridade a necesidade de empregar fundas e xel estériles, así como protocolos estritos de limpeza e desinfección do ecógrafo.

 

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
04/12/2025

Publicada a RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental e se inicia o prazo para a elección de destino.

Ábrese un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación, para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telemáticamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.

As persoas aspirantes seleccionadas que tamén o sexan na mesma categoría no respectivo proceso de estabilización convocado polo sistema de concurso de méritos, no caso de que resulten adxudicatarios/as de destino en ambos os dous procesos, logo da publicación na páxina web do SERGAS do listado informativo de adxudicación de destinos, disporán dun prazo de cinco días hábiles para optar por unha desas dúas prazas.

No caso de non manifestar nada ao respecto no prazo indicado, entenderase que optan pola praza que deriva do proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Relación de aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición

DOG nº 235

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo