Buscar
Buscar

Autor: Noticias Enfermería Lugo

03/02/2026
Conforme ao previsto nos Estatutos do Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, o pleno da Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 28 de xaneiro de 2026, acordou convocar a Xunta Xeral Ordinaria o 04 de marzo de 2026, ás 19 horas en primeira convocatoria e 19:30 horas en segunda, a celebrar na sede central do Colexio, coa seguinte orde do día:
  1. Designación de interventores.
  2. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  3. Informe de xestión da Xunta de Goberno.
  4. Aprobación, se procede, do blance económico e conta de resultados do ano 2025.
  5. Estudo e aprobación, se procede, dos orzamentos para o ano 2026.
  6. Rogos e preguntas.

Lugo, 03 de febreiro de 2026

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
29/01/2026
O Consello Xeral de Enfermería anunciou a renovación do seu acordo coa cadea de Paradores de Turismo para 2026, consistente nun desconto para enfermeiros/as colexiadas/os en España que estará dispoñible desde o 2 de xaneiro ao 29 de decembro de 2026 nos aloxamentos da rede.
  • 15 % de desconto sobre a “Tarifa Parador”, e aplicable só en réxime obrigatorio de aloxamento e almorzo.
  • Serán beneficiarios todos os membros que pertenzan ao colectivo, e os familiares de primeiro grao e/o cónxuxes ao seu cargo, cando vaian acompañados do beneficiario.
  • Inclúense todos os que se atopen baixo a explotación de PARADORES, excepto o Parador de Casa dá Insua.
O beneficiario deberá identificarse como membro do colectivo no momento de realizar a reserva a través da web de paradores, por teléfono no 913 742 500 ou email a reservas@parador.es ou contactando directamente con cada Parador, indicando este CÓDIGO PROMOCIONAL.
As reservas están suxeitas a dispoñibilidade.

CONDICIÓNS DA OFERTA

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
22/01/2026

O Colexio de Enfermaría presenta a oferta formativa do ano 2026. Todos os cursos son gratuitos ou finaciados para as/os colexiadas/os e acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde.

OFERTA FORMATIVA 2026

A inscrición ós cursos poderase realizar a través da páxina web do Colexio de Enfermaría (www.enfermerialugo.org) dende o apartado de formación/cursos seleccionando dunha soa vez os cursos ós que queres inscribirte ou chamando ó 982 24 24 50.

IMPORTANTE

-Segundo as normas de inscrición que podes atopar na páxina web aquelas/es colexiadas/os que resulten admitidas/os en calquera dos cursos e que sin causa xustificada non realicen, asistan ou finalicen un curso, serán penalizadas/os sin ser admitidas/os en novas formacións durante o período un ano.

-Refléxanse no pdf os cursos nos que terán preferencia de admisión as distintas especialidades e será necesario marcalo no formulario de inscrición ou cando se chame o colexio.

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
22/01/2026

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2025, conxunta da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, pola que se convoca o Plan de formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.

O Plan formativo para o ano 2026 contará con 539 actividades:

  • Cursos Presenciais
  • Cursos Teleformación
  • Cursos Autoformación

As persoas que desexen participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución deberán cubrir o formulario de preinscrición telemática na páxina web da ACIS (https://acis.sergas.gal).

O prazo de inscrición é a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata un mes antes do inicio de cada actividade formativa.

VER DOG nº 11

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
16/01/2026
O Consello Xeral de Enfermaría e o Colexio de Enfermaría de Lugo ofrecémosvos:
Curso “Abordaxe práctico da vacinación no adulto”
  • Modalidade: En liña síncrona
  • Fecha: 26 de xaneiro ao 27 de febreiro de 2026
  • Hora: 2oh
  • GRATUÍTO
  • CRÉDITOS FORMACIÓN CONTINUADA: Non
Obxectivo: facilitar aos profesionais de enfermería ferramentas claras e aplicables para realizar unha correcta administración das vacinas no paciente adulto, garantindo a comunicación, a eficacia e a seguridade en cada paso do proceso
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo