Buscar
Buscar

Subinspector/a sanitario/a: Baremación definitiva e publicación dos/das aspirantes seleccionados/as

06/12/2024

Resolución do 25 de novembro de 2024 (DOG núm. 233, do 3 de decembro),  da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se fai pública a baremación definitiva e a publicación dos/das aspirantes seleccionados/as do proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso  de personal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria:

  • Clase de subinspector/a sanitario/a
 
Cada aspirante poderá consultar a puntuación obtida no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
 
DOCUMENTACIÓN PARA O INGRESO:
  • Prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, para a presentación da  documentación esixida.
  • Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do RD 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade poderán solicitarlle á autoridade convocante, no prazo que se indica no punto 3º desta resolución (un mes), a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.
  • A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do SERGAS; Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
RECLAMACIÓN
Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base XI da Resolución da convocatoria do proceso.
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo