Buscar
Buscar

Semana Mundial da lactancia materna # SMLM2021 “Protexer a lactancia materna”

05/08/2021

Un ano máis, durante a primeira semana de agosto as matronas galegas unímonos á celebración da Semana Mundial da Lactancia Materna.

“Protexer a lactancia materna: un compromiso de todas/os” é o lema elixido este ano para a SMLM2021 pola WABA. A Alianza Mundial para a Acción da Lactancia Materna (WABA, polas súas siglas en inglés) é unha rede mundial de persoas e organizacións adicadas á protección, promoción e apoio da lactancia materna en todo o mundo.

A campaña da SMLM2021 céntrase deste xeito na importancia de evitar a discriminación das nais lactantes en todos os ámbitos, ofrecendo apoio familiar e comunitario, ademais de aplicar políticas equitativas de igualdade así como programas sociosanitarios baseados na evidencia.

No marco da SMLM 2021, a WABA lanzou a Campaña «Cadea Efectiva de Apoio da Lactación Materna» que coloca á díada nai-bebé no centro de todas as accións e esfórzase por vencellar a diferentes actores nos sectores da saúde, a comunidade e o lugar de traballo para brindar unha atención continua durante os primeiros 1000 días.

DOCUMENTO COMPLETO

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo