Buscar
Buscar

Sanidade convoca 2.341 prazas EIR para Enfermería na Formación Sanitaria Especializada 2027

25/07/2026

O Ministerio de Sanidade aprobou a oferta de 2.341 prazas de Enfermería dentro da convocatoria de Formación Sanitaria Especializada correspondente ao exame EIR 2027, a cifra máis alta rexistrada ata o momento para esta titulación, un 3,9% mais que a convocatoria anterior.

Datas clave do exame

  • Data do exame: sábado 23 de xaneiro de 2027
  • Horario chamamento: 13:00 horas (12:00 en Canarias)
  • Inicio da proba: 14:00 horas (13:00 en Canarias)
  • Sedes: 26 localidades de toda España, entre elas Vigo, que recupera a súa condición de sede de exame

Estrutura da proba

O exame EIR 2027 manterá unha estrutura composta por 200 preguntas tipo test, ás que se engadirán 10 preguntas de reserva. Cada pregunta contará con catro opcións de resposta, das cales só unha será válida.
A duración total da proba será de 4 horas e 30 minutos. A cualificación final obterase a partir da puntuación acadada no exame; 90 % a nota final e 10 % restante de méritos académicos.
Ademais, manterase a reserva do 10 % das prazas para persoas con discapacidade, co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades no acceso á formación sanitaria especializada.

Novas medidas de seguridade contra o fraude tecnolóxico

A convocatoria incorpora un reforzo das medidas de seguridade para evitar posibles situacións de fraude tecnolóxico durante o proceso selectivo. Durante o acceso ás aulas e ao longo da realización do exame estará prohibido portar ou empregar teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, auriculares ou calquera outro dispositivo electrónico. Como novidade, poderanse utilizar equipos de detección de dispositivos ocultos.
O Ministerio advirte de que calquera intento de eludir estes controis, así como a simple posesión de dispositivos non permitidos, poderá supoñer a anulación do exame e a exclusión do proceso selectivo.

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo