Buscar
Buscar

Publicase a incentivación e opcións de prestación de xornada complementaria voluntaria nos PAC

28/04/2026

No DOG de data 27 de abril de 2026, PUBLICASE o acordo da Mesa Sectorial, do 27 de marzo de 2026,  sobre a incentivación e o exercicio das opcións de prestación de xornada complementaria voluntaria nos puntos de atención continuada (PAC), aprobada polo Consello da Xunta, na súa reunión do luns 20 de abril de 2026, así como dos criterios para o cómputo de xornada en ausencias, que se incorporan como anexos a esta orde (anexo I e II).

Prazo para presentar as solicitudes finalizará o 8 de maio de 2026

As solicitudes deberán presentarse en soporte papel ante as unidades de persoal das xerencias das áreas sanitarias correspondentes, cubrindo os modelos normalizados incluídos na orde.

VER DOG

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo