Buscar
Buscar

OPE SERGAS: Publicada a data e hora da realización dos exercicios e oferta de traslado en BUS a Silleda

14/04/2026

Publicada a RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso de persoal estatutario do Sistema sanitario público de Galicia, convocados polas resolucións do 2 de xullo e do 21 de agosto de 2025.

Lugar: Recinto Ferial de Silleda

Data e hora das probas selectivas:

Mais información:Oferta Persoal Estatutario 2025

MAPA do ACCESO DO RECINTO

IMPORTANTE: A acreditación para o acceso ao lugar de realización das probas realizarase a través de código QR. Cada aspirante terá á súa disposición na oficina virtual do profesional (Fides/expedient-e). A acreditación persoal con código QR, que deberá imprimir e presentar o día do exame ao persoal colaborador da porta que lle foi asignada, e que lle permitirá o acceso ao interior do lugar de realización das probas.

DOG nº 68


AUTOBÚS TRASLADO A SILLEDA

O Colexio de Enfermaría poñerá a vosa disposición Autobuses gratuitos para o traslado a Silleda para realizar o examen da OPE do SERGAS, sempre e cando teñamos un mínimo de colexiadas/os:

  • Dende Lugo: mínimo de 40 persoas
  • Dende Monforte: mínimo de 20 persoas
  • Dende Burela: mínimo de 20 persoas

E imprescindible anotarse na sede do Colexio en Lugo chamando por teléfono 982242450 ou por email: colexio@enfermerialugo.org (indicando nome e apelidos) para poder calcular as prazas necesarias.

  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría: ata do 20 de abril
  • Enfermeiro/a: antes do 1 de maio

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo