Buscar
Buscar

O Sergas publica a actualización das listas de selección temporal e a puntuación definitiva

05/04/2025
Publicada a RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de persoal estatutario:
  • Enfermeira/o. → LISTADO
  • Enfermeira/o da Fundación pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 → LISTADO

 

As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

O estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses, a partir do día seguinte a súa publicación. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos, no prazo dun mes.

As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo