23/12/2020

A Presidenta e a Xunta directiva do Ilustre Colexio de Enfermaría de Lugo deséxanche Bo Nadal e un Aninovo cheo de apertas e ansiada normalidade.
Se algo aprendemos nesta pandemia é a deternos. Dar tempo ao tempo. O coronavirus veu lembrarnos algo que a rutina cotiá nos fixera esquecer, agora con máis forza sabemos o importante de apreciar a vida nas pequenas cousas.
Dende o Colexio querémosvos enviar unha mensaxe de esperanza e de vitoria nestas datas.
Vai pola nosa profesión este brindo simbólico, aplausos sen fin, un agradecemento permanente e un orgulloso recoñecemento polo labor que desenvolvemos.
FELIZ 2021
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo