
O Colexio de Lugo celebrou a I Xornada de Enfermaría Xeriátrica e Centros Sociosanitarios.
Tratouse dunha cornada que reuniu a profesionais da enfermaría xeriátrica e na que se abordou a situación actual dos coidados ás persoas maiores. Realizouse unha análise profunda e expuxéronse proxectos de futuro.
O acto de apertura correu a cargo da presidenta do COE, Eva Gómez, seguido da conferencia inaugural impartida por Miriam Vazquez, coordinadora do Observatorio contra i Idadismo de Ourense, que falou sobre o idadismo, unha forma de discriminación social por razón de idade que afecta a moitas persoas maiores.
Durente a Xornada expusose a situación da enfermaría xeriátrica nos Centros de maiores da man de María Jesús Villanueva. Abordouse a formación na especialidade de xeriatría pola EIR Verónica Laya, Daniela Pérez e Nerea Vasco, e presentouse o traballo de investigación elaborado polos sociólogos Raúl Rey e Carlota Vivero, en colaboración co Colexio de Enfermaría, titulado “A enfermería nos centros residenciais lucenses. unha aproximación desde a socioloxía do traballo”
A Xornada incuíu un obradoiro, onde os participantes, expuxeron os problemas, as necesidades e as posibles solucións para o desenvovemento dunha enfermaría xeriátricacentrada na persoa.
A clausura correu a cargo de Isidoro Rodríguez, presidente da Academia de Enfermaría de Galicia.