
Con máis de 6.00 Ictus anuais, Galicia presante unha das taxas máis altas desta patoloxía en España, sendo principal causa de morte nas mulleres e a segunda en homes. O Ictus, ademais, é a principal causa de discapacidade en adultos.
Neste contexto, o Colexio oficial de Enfermaría de Lugo aposta pola adecación e sensibilización da poboación. En colaboración con ANGELS e a Organización Mundial do Ictus e o respaldo da Federación de Dano Cerebral de Galicia.
O PROXECTO Héroes de FAST é un programa educativo dirixido a nenas e nenos entre 6 e 10 anos que aposta polas enfermeiras como axentes de clave na educación para a saúde.
O obxectivo é conseguir que a mensaxe de Héroes de FAST chegue a todos os centros educativos de Lugo, fortalecendo o coñecemento nas nosas comunidades e mellorando a detección precoz do Ictus a través das rapazas e repazes.
Lourdes Bermello e Eva Gómez, enfermeiras expertas en neuroloxía, impartiron un obradoiro en 1º de Educaciób Primaria no Colexio Divino Mestre, ensinando ao alumnado a identificar os signos do Ictus e a actuar con rapidez, avisando a unha persoa aduta ou ao 112.