
O pasado mes de abril asinouse o “protocolo xeral de actuación entre a Xunta de Galicia, o Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), as Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e a de Vigo, para ou desenvolvemento dun plan de mellora do ensino universitario de enfermaría” que afrontará a posta en marcha de medidas destinadas a integrar as Escolas Universitarias de Enfermería dunha maneira plena dentro da universidade, xa que actualmente son centros adscritos ás universidades de Galicia cuxa titularidade pertence á Consellería de Sanidade.
Dende a Xunta de Goberno queremos transmitirvos a nosa preocupación por como se vai a levar a cabo esta integración, o protocolo asinado polas tres universidades galegas non garante a continuidade das escolas universitarias de enfermería de Galicia, xa que a reestruturación docente que expoñen é a dunha única facultade por universidade sen especificar como van pasar a formar parte as Escolas Universitarias.
No caso de Lugo a Universidade de Santiago xa ten unha Facultade de Enfermería en Santiago de Compostela, ¿como se vai a integrar entón a Escola Universitaria de Enfermería de Lugo?, se na reestruturación a Escola Universitaria de Enfermería de Lugo (EUE Lugo) se integrase como unha “sección” (parece que é o plan previsto), perdería toda a súa autonomía actual pasando a depender totalmente da Facultade de Santiago, o que lle outorga o poder de pechala se así o considera oportuno. Unha sección é efémera e non posúe identidade, nin capacidade xestora.
En ningún momento se consultou, por parte da correspondentes consellerías ou do reitorado, aos actores directamente implicados EUE Lugo, nin tampouco as institución indirectas Academia de Enfermaría de Galicia ou Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo.
A Escola Universitaria de Enfermería ten unha traxectoria de máis de cincuenta anos (implantada en Lugo no ano 1972), na que se consolidou como centro garante de calidade na formación enfermeira.
O Colexio de Enfermería de Lugo defende unha integración da EUE Lugo na USC como centro propio e autónomo, como Facultade Ciencias da Enfermaría.
Reclamamos un futuro da Escola Universitaria de Enfermería no que manteña a súa autonomía non como unha sección dunha facultade de Santiago é a nosa obriga como lucenses e enfermeiros xa que un hipotético peche repercutiría dunha maneira nefasta non só no Campus Universitario e na área e sistema sanitario lucense, senón que suporía un detrimento para toda a cidadanía lucense a nivel provincial.