11/05/2026

O 12 de MAIO celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA ENFERMEIRA baixo o lema
AS NOSAS ENFERMEIRAS. O NOSO FUTURO
As enfermeiras empoderadas salvan vidas
Dende o Colexio de Enfermaría de Lugo animamoste a participar nos actos que temos programados o longo do día:
- Proxección película “TURNO DE GUARDIA” nos Cines Yelmo (Centro Comercial As Termas-Lugo) ás 17:00 horas. Como colexiada/o podes asistir de maneira gratuíta. Despois da proxección haberá unha mesa redonda.
- Carpa instalada no Centro Comercial As Termas durante a tarde en horario de 16:00 a 20:00 horas.
- Iluminación en cor azul da Casa Consistorial e a Mosqueira de Lugo co gallo desta celebración.
- Iluminación en cor azul da Casa Consistorial e prazas emblemáticas de Burela.
- Iluminación en cor azul da Torre do Homenaxe de Monforte de Lemos.
Para acudir a proxección gratuíta pregamos que confirmes asistencia a través das canles do Colexio, chamando 982 24 24 50 ou no correo colexio@enfermerialugo.org
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo