
O Colexio de Enfermaría renova o convenio co Club Fluvial de Lugo para a participación nos Campamentos de Verán desta entidade. Este convenio inclúe a realización dunha charla semanal impartida por profesionais de Enfermaría relacionada con hábitos saudables, no marco de fomentar estilos de vida saudables nas nosas crianzas.
As inscripcións realizaranse nas oficinas do Club Fluvial, situadas en Rúa Fermín Rivera s/n (27004 LUGO); abertas en horario de mañá e tarde; información no teléfono 982 22 11 67. Imprescindible mostar Carnet de Colexiada/o.
CONVENIO
- DESTINATARIOS: fillas/os de colexiadas/os, en caso de non ter fillas/os poderanse inscribir sobriñas/os da persoa colexiada.
- IDADES: comprendidas entre 5 e 14 anos.
Precios por semana de campamento:
- Colexiadas/os non socios do Club Fluvial: 63€
- Colexiadas/os socios do Club Fluvial: 50€
Descontos acumulables por irmáns e semanas consecutivas (a consultar no folleto adxunto).
Descontos aplicado nas oficinas do Club previa identificación co carnet de colexiada/o.
Ver FOLLETO