Buscar
Buscar

Convocatoria de eleccións aos cargos da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Enfermería de Lugo

21/02/2020

De conformidade co previsto no artigo 35 dos Estatutos Colexiais,  a Xunta de Goberno adoptou o acordo de convocar eleccións, que terán lugar o próximo día 29 de marzo de 2020, para  a provisión de todos os cargos da Xunta de Goberno, de acordo coas seguintes pautas:

Calendario do proceso electoral:

  • Día 29-02-2020: Publicación convocatoria de eleccións.
  • Día 11-03-2020: Finalización prazo presentación de Candidaturas
  • Día 16-03-2020: Proclamación dos candidatos.
  • Día 23-03-2020: Fin exposición do Censo Colexial.
  • Día 26-03-2020: Exposición Censo definitivo
  • Día 29-03-2020: Celebración das eleccións.

ACTA DA CONVOCATORIA

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo