Buscar
Buscar

CHARLA INFORMATIVA: “Espazos das Familias” o 28 de setembro no Colexio de Enfermería

16/09/2018
A Asociación socio-educativa Antonio Gandoy, convida as/os profesionais do ámbito sanitario que traballan ó carón da infancia e das familias, a unha charla informativa na que se explicará a labor que a nosa asociación realiza no ámbito da educación infantil familiar.

Fecha: 28 de setembro de 2018 as 18h.

Lugar: Colexio de Enfermería de Lugo (Avd de la Coruña 104, entr B)

VER PROGRAMA DA CHARLA

Esta Asociación nace, despois da desaparición da Fundación Preescolar na Casa, co fin de preservar e dar difusión aos 36 anos de traballo daquel proxecto educativo. Está constituída por ex-traballadoras da Fundación que, despois de case 5 anos de andaina, queremos presentarvos o noso traballo.

 A parte máis visible son os denominados “Espazos das Familias”, teñen como fin que os pais e as nais, en definitiva as familias con nenas e nenos de cero a tres anos, dispoñan dun lugar e un tempo no que compartir, debater e reflexionar sobre a marabillosa experiencia da crianza dos nenos e nenas; coñezan cales son as actividades mais axeitadas para acadar o mellor desenvolvemento dos seus fillos e fillas, tendo en conta a súa idade; e, tamén, para favorecer que nenas e nenos se atopen con outros das mesmas ou parecidas idades e cos adultos.
Estes encontros teñen lugar cada semana, con unha duración aproximada de dúas horas. Nun ambiente axeitado para compartir dúbidas e experiencias coas demais familias, facendo actividades axeitadas a cada idade, nas que se poida xogar relaxadamente cos fillos e fillas, e propoñer pautas de actuación para o futuro.
Sen máis despedímonos agardando contar coa vosa presenza.
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo