
RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca o procedemento ORDINARIO de acceso aos graos I a IV da carreira profesional correspondente ao ano 2025. DOG nº 152
REQUISITOS
- Reunir os requisitos do ámbito de aplicación (punto 4 do acordo das bases da carreira profesional 2018)
- Estar en situación de activo ou ter unha reserva de praza calquera día entre o 01-08 ao 30-09-2025
- Cumprir n o período de permanencia na data da presentación da solicitude.
- Presentar a solicitude a través de FIDES (sistema carga automáticamente os datos), asinando co certificado dixital (comproba que a solicitude figure VALIDADA) → TITORIAL
Prazo presentación da solicitude: ata 30 de setembro de 2025
PERÍODO DE PERMANENCIA
- GRAO I: acceder tras 5 anos de permanencia no grao inicial (máis unha avaliación positiva)
- GRAO II: acceder tras 6 anos de permanencia no grao I (máis unha avaliación positiva)
- GRAO III: acceder tras 6 anos de permanencia no grao II (máis unha avaliación positiva)
- GRAO IV: acceder tras 7 anos de permanencia no grao III (máis unha avaliación positiva)
Valoraranse exclusivamente os méritos conseguidos durante o período en que o profesional permaneceu encadrado no grao inmediatamente inferior e conseguidos ata o último día do prazo de solicitude (30 de setembro de 2025)
En caso de cumprir os requisitos e non ter acceso: notificar a incidencia ao correo carreiraprofesional.lugo@sergas.es
BAREMO
Nesta convocatoria aplícase o baremo de carreira profesional correspondente ás Áreas III e IV, aprobado por Orde do 21 de xullo de 2021, e o baremo de carreira profesional correspondente á Área I que foi aprobada por Orde do 1 de marzo de 2022
Valoraranse con 1 punto dentro da área IV do baremo (implicación e compromiso coa organización):
- A formalización de todos os cuestionarios de avaliación de competencias personais que lle sexan requeridos
- A realización dos cursos: “A COMUNICACIÓN COAS PERSOAS XORDAS NA CONSULTA” (código 2518370 Enlace), “SOSTENIBILIDADE NO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE” (código 2518710 Enlace)
ACCESO AO GRAO INICIAL
SOLICITUDE: aberta e permanente, con efectos do día da presentación.
ACCESO AO PERSOAL RESIDENTE EN FORMACIÓN NOS ÚLTIMOS ANOS: Resolución do 3 de agosto de 2023 (DOG nº 155, do 17 de agosto) Acordo 6.