Buscar
Buscar

Autor: Noticias Enfermería Lugo

09/09/2025

Un 45% das defuncións de nenos no mundo asóciase á desnutrición segundo a Organización Mundial da Saúde. Os dous primeiros anos de vida destes pequenos son especialmente importantes, posto que a nutrición óptima durante este período reduce a morbilidade e a mortalidade, así como o risco de enfermidades crónicas, e mellora o desenvolvemento xeral.

Guía de Recomendacións Prácticas de Enfermaría en Nutrición no Neno san

Nesta publicación abórdanse cuestións tan relevantes como a lactación materna, a alimentación complementaria na infancia, a dieta do neno a partir dun ano, hábitos saudables e as alerxias e intolerancias.

Lactación materna

Unha mala alimentación durante as primeiras etapas do ciclo de vida pode supoñer danos irreversibles no crecemento físico e o desenvolvemento do cerebro. A lactación materna durante o primeiros seis meses de vida achega moitos beneficios tanto ao neno como á nai. Entre eles destaca a protección fronte a infeccións gastrointestinais, que se observa non só nos países en desenvolvemento, senón tamén en países industrializados.

Obesidade infantil

A medida que os nenos crecen, a súa exposición aos alimentos pouco saudables é alarmante, debido en gran medida á publicidade e a comercialización inapropiadas, á gran cantidade de alimentos de baixa calidade nutricional tanto en cidades como en zonas remotas, e ao aumento do acceso á comida rápida. A obesidade infantil é un dos principais problemas de saúde pública a nivel internacional e asóciase, xunto co sobrepeso, con numerosos problemas de saúde, tanto na infancia como na idade adulta.

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
31/08/2025

Colexio oficial de Enfermaría de Lugo Nº 45 – Agosto 2025

ENFERMEIR@S Nº 45.pdf

Revista indexada nas bases de datos CUIDEN e CINAHL (distribuida por EBSCO)

Normas revista Enfermeir@s

Esta Revista está subvencionada polo Consello Xeral de Enfermaría dentro do programa de promoción da investigación enfermeira.

Posted in Sin categoría by Noticias Enfermeria Lugo
31/08/2025

Publicado o novo número da revista ENFERMEIR@S Nº 45 editada e publicada polo Colexio de Enfermería de Lugo, indexada nas bases de datos CUIDEN e CINAHL (distribuída por EBSCO).

Aproveitamos a ocasión para pedirche que participes nela enviando os teus  artigos a:   revista@enfermerialugo.org
Na páxina do Colexio www.enfermerialugo.org dispós dunha plantilla de axuda para realizar un artigo científico. Entra en PUBLICACIÓNS e poderás acceder ás revistas.

Esta Revista está subvencionada polo Consello Xeral de Enfermaría dentro do programa de promoción da investigación enfermeira.

DESCARGAR:  ENFERMEIR@S Nº 45

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
25/08/2025

Publicada a Resolución do 6 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidas/os e excluídas/os e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).

O estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación, ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

VER DOG nº 158

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
23/08/2025

O Ministerio de Sanidade aprobou a convocatoria de 2025/2026: 2.279 prazas para a formación especializada de Enfermaría.

Orde SND/928/2025, do 14 de agosto, pola que se aproba a oferta de prazas e a convocatoria de probas selectivas 2025 para o acceso no ano 2026, a prazas de formación sanitaria especializada para a titulación universitaria de Enfermaría.

PRAZAS: 2.279

  • Enfermaría Familiar e Comunitaria: 964
  • Enfermaría obstétrico-xinecolóxica (Matrona): 477
  • Enfermaría en Saúde Mental: 356
  • Enfermaría Pediátrica: 275
  • Enfermaría Xeriátrica: 99
  • Enfermaría do Traballo: 108

PRAZO DE SOLICITUDE: entre o 1 ó 12 de setembro de 2025, ambos inclusive.

DATA DE EXAME: 24 de xaneiro de 2026

SOLICITUDE: modelo 790 a cumprimentar a través da Sede electrónica do Ministerio de Sanidade (código SIA 2897569): https://sede.mscbs.gob.es/ciudadanos/procAdministrativos.do?

TAXA DE EXAME: 23,33€, que se ingresarán no Tesouro Público a través de pago electrónico ou mediante o seu abono nas entidades financeiras colaboradoras.

VER BOE

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo