06/06/2026

O Colexio Oficial de Enfermería ven de renovar o convenio coa empresa RUNFOZRUN para a participación nos Campamentos de Verán desta entidade na área da Mariña.
Estos campamentos caracterízanse por promover o aprendizaxe a través do deporte sendo este o fío conductor, actividades previstas: Fútbol, Baloncesto, Surf, Kayak, Voley, Tiro con arco, Tenis de mesa, Senderismo…
- INSCRICIÓN PRESENCIAL: en LivingSport Foz levando a folla de inscripción, e imprescindible presentar o carnet de colexiada/o.
- INSCRICIÓN ONLINE: poñerse en contacto coa organización a través do teléfono 659 99 66 70 ou no correo runfozrun@gmail.com para tramitar o código de desconto.
CONVENIO 20% DESCONTO COE LUGO
Destinatarios: fillos de colexiadas/os; en caso de non ter fillos poderanse inscribir sobriños da persoa colexiada (unha das duas opcións). IDADES COMPRENDIDAS ENTRE 6 E 17 ANOS.
Horario: 10:00-13:30
Lugar: Cangas de Foz, nas datas do 30 de xuño a 31 de xullo:
- Completa: 264 € por nena/o (co desconto aplicado dun 20%)
- Quincenal: 200 € por nena/o (co desconto aplicado dun 20%)
- Semanal: 128 € por nena/o (co desconto aplicado dun 20%)
Consultar descontos por irmáns e prezos por servizos adicionais na páxina web.
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo