18/06/2025

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos:
- Enfermeira/o especialista en enfermaría do traballo.
- Enfermeira/o especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/matrona).
As persoas aspirantes disporán do PRAZO DUN MES, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para incorporarse á praza adxudicada. Para estes efectos, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.
Deberán realizar, con carácter obrigatorio e nun prazo non superior aos seis meses, contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no DOG, as actividades formativas:
- Nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo