15/06/2025

Os días 13, 14 e 15 de xuño un fenómeno máxico apodérase de cada rincón da nosa cidade, transformándoa por completo, enchéndoa de personaxes ancestrais e dun pasado glorioso. Esta é a maxia do ARDE LUCUS, retroceder no tempo para gozar do noso legado cultural e histórico. Un ano mais as matronas participaremos coa actividade:
“A OBSTETRIX: a matrona dende Roma ata hoxe”
Esta iniciativa nace no ano 2014, nesta edición MMXXV mantemos un obxectivo claro de acercamento e sensabilización á cidadanía sobre a importancia e transcendencia histórica desta profesión ó longo de tódolos tempos.
Podes atoparnos na Praza Maior, fronte ó Círculo das Artes os días 13, 14 e 15 de xuño.
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo