20/03/2025
O Consello Xeral de Enfermaría e o Colexio de Enfermaría de Lugo ofrecémosvos a III edición do curso online:
”Enfermaría: liderando o coidado na ELA”
- Modalidade: en liña
- Data de inicio: 1 de abril – 30 de abril de 2025
- Duración: 10 horas
- Acreditado: non
Co obxectivo de formar ás enfermeiras e enfermeiros sobre como liderar o coidado do paciente con ELA, garantindo unha asistencia coordinada e sen interrupcións.
Os pacientes con ELA necesitan unha asistencia especializada, coordinada, accesible e sen interrupcións, onde se teña en consideración o social e o sanitario. Unha asistencia feita desde o acompañamento, a empatía, o apoio e o asesoramento, pois a deterioración que sofren durante a evolución do seu proceso esixirá un volume crecente de coidados, principalmente no ámbito domiciliario.
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo