Buscar
Buscar

IV bolsa “Na Pel da Enfermeira” ao proxecto que mellore a calidade de vida a través dos coidados da pel

20/02/2025

O Consello Xeral de Enfermaría coa colaboración de CeraVe poñen en marcha a 4ª edición desta iniciativa que promove o liderado enfermeiro e a investigación nos coidados dermatolóxicos: IV bolsa “Na Pel da Enfermeira”

Os proxectos presentados deben estar liderados por unha enfermeira colexiada, independentemente do ámbito laboral. O traballo pode ser inédito, pero tamén poden presentarse ideas ou proxectos xa existentes que busquen maior crecemento.

Prazo de presentación ata o 20 de marzo

Tras o fallo do xurado, no mes de abril farase entrega da bolsa nun acto público na sede histórica do CGE, onde a enfermeira gañadora recibirá o trofeo xunto aos 6.000 euros da dotación.

BASES DA CONVOCATORIA

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo