Buscar
Buscar

Convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios para obter os certificados Celga 2, 3 e 4

11/02/2025

     A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publica no DOG. a RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se anuncia, con carácter voluntario e GRATUÍTO, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral da Lingua convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.
 As persoas interesadas nos cursos presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua. Tras accederen deberán identificarse co nome da persoa usuaria e contrasinal. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá crear unha conta como paso previo á inscrición.
Prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación no DOG.
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo