20/01/2025

Xa podes descargar a plataforma eCuidados-prescrición. As/os enfermeiras/os, no exercicio da súa actividade profesional, poderán indicar, usar e autorizar a dispensación de forma autónoma de todos aqueles medicamentos non suxeitos a prescrición médica e produtos sanitarios no ámbito das súas competencias e determinados medicamentos suxeitos a prescrición médica, conforme aos protocolos ou guías de práctica clínica e asistencial, que se van aprobando e son publicadas no BOE.
eCuidados-prescrición consta con buscadores que permite localizar o medicamento de forma rápida e sinxela mediante cinco formas de procura:
- Principio activo ou excipiente
- Nome comercial
- Códigos ATC
- Guías ou protocolos
- Nomee do laboratorio que o comercializa
Alerta sobre posibles problemas de prescrición; interaccións, incompatibilidades, alerxias e dosaxe que podería representar riscos reais para os pacientes.
¿Cómo descargar a aplicación?
Na ligazón https://ecuidados-prescripcion.com/medicamentos poderás descargar o programa no teu computador e móbil.
¿Cómo rexistrarte?
Unha vez dentro da aplicación, atoparás o panel de acceso para o teu usuario e contrasinal. Se non coñeces as claves, debes rexistrarte na pestana: REXÍSTRESE AQUÍ .
Recibirás un correo co teu usuario e contrasinal.
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo