Buscar
Buscar

O CGE e Laboratorios Laphysan lanzan a XII convocatoria do Premio Nobecutan en Enfermaría

18/11/2026

O Consello Xeral de Enfermaría e Laboratorios LAPHYSAN, convocan

XII convocatoria do Premio Nobecutan en Enfermaría.

Esta iniciativa busca dar visibilidade a prácticas e aplicacións en diversas áreas asistenciais, sen importar se están protocolizadas ou non, e pode incluir traballos elaborados especificamente para esta convocatoria. Este galardón busca premiar a creatividade e o bo traballo das enfermeiras no uso de Nobecutan, repartindo un total de 7.000 euros entre os tres finalistas: 4.000 para o gañador, 2.000 para o segundo e 1.000 para o terceiro.

Prazo de inscrición: As candidaturas deben ser enviadas antes das 23:59 horas do 4 de maio de 2027.

  • Obxectivo: Presentar e compartir experiencias sobre a aplicación de Nobecutan® en diferentes contextos asistenciais (hospitais, Atención Primaria, residencias sociosanitarias, etc.).
  • Participantes: A convocatoria está aberta a enfermeiras colexiadas, tanto a título individual como en equipos multidisciplinares.
  • Envío: As propostas deben ser remitidas ao correo electrónico instituto@consejogeneralenfermeria.org, indicando no asunto “XII EDICIÓN DEL PREMIO NOBECUTAN EN ENFERMERÍA”.

DOCUMENTACIÓN E BASES DO PREMIO

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo