Buscar
Buscar

Autor: Noticias Enfermería Lugo

11/05/2026

AMA Seguros, oferta un Seguro multirrisco de accidentes para colexiadas/os Enfermaría.

  • Protección para a/o colexiada/o e a sua familia en caso de falecemento, invalidez permanente ou incapacitación temporal por accidente.
  • Capital adicional por accidente de circulación.

   Ver folleto Seguro accidentes

   Formulario

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
28/04/2026

O vindeiro 29 de Maio as 20:30 horas no restaurante “A Fortaleza” (LUGO), terá lugar os actos de HOMENAXE Á EXCELENCIA PROFESIONAL onde se procederá a:

  • Entrega de diplomas e insignias as/os compañeiras/os xubilados no ano 2025
  • Entrega do Premio “Practicante Faustino Vilar”
  • Entrega dos Premios científicos Muralla de Lugo 2026
  • Entrega de diplomas e insignias as/os colexiadas/os con 25 anos de profesión
  • Baile amenizado por DJ

Na Xunta de Goberno celebrada o 25 de marzo de 2026 aprobouse por unanimidade dos presentes conceder o “Premio “Practicante Faustino Vilar 2026” a Dª. LOURDES BERMELLO LÓPEZ.

Se estás interesada/o en participar rogamos confirmes a túa asistencia chamando o Colexio de Lugo (982 24 24 50) para proceder a túa anotación antes do 20 de Maio.

Ver programa de actos e listados homenaxeadas/os

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
28/04/2026

No DOG de data 27 de abril de 2026, PUBLICASE o acordo da Mesa Sectorial, do 27 de marzo de 2026,  sobre a incentivación e o exercicio das opcións de prestación de xornada complementaria voluntaria nos puntos de atención continuada (PAC), aprobada polo Consello da Xunta, na súa reunión do luns 20 de abril de 2026, así como dos criterios para o cómputo de xornada en ausencias, que se incorporan como anexos a esta orde (anexo I e II).

Prazo para presentar as solicitudes finalizará o 8 de maio de 2026

As solicitudes deberán presentarse en soporte papel ante as unidades de persoal das xerencias das áreas sanitarias correspondentes, cubrindo os modelos normalizados incluídos na orde.

VER DOG

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
22/04/2026

Sociedade Galega de Cardioloxía infórmanos da realización da:

REUNIÓN ANUAL DA SOCIEDADE GALEGA DE CARDIOLOXÍA”

  •  DATA: 29 e 30 de maio de 2026
  •  LUGAR: Hotel Attica XXI Samil – Vigo
Esta reunión científica constitúe un punto de encontro e de intercambio multidisciplinar para os profesionais implicados na prevención, diagnóstico e tratamento das enfermidades cardiovasculares na nosa comunidade.

O programa inclúe mesas redondas, talleres, sesións de comunicacións e actualización clínica dirixidas a mellorar a calidade asistencial e fomentar a colaboración entre os distintos profesionais sanitarios.

 

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
18/04/2026

O vindeiro 12 de maio de 2026, coincidindo co aniversario do nacemento de Florence Nightingale, celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Enfermeira. Con este motivo a Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos e o Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, organizan unha xornada na que, nun ambiente de celebración, pretende propiciar o encontro, a interrelación e o intercambio de coñecementos:

AS NOSAS ENFERMEIRAS. O NOSO FUTURO

AS ENFERMEIRAS EMPODERADAS SALVAN VIDAS

A xornada está dirixida a todas as categorías profesionais da Área de Enfermaría e terá lugar o:

  • DATA: 12 de maio de 2026
  • HORARIO: 9:00 a 14:00 horas
  • LUGAR: salón de actos do Hospital Universitario Lucus Augisti (HULA)

A inscrición poderá realizarse a través da Intranet

VER PROGRAMA

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo