Buscar
Buscar

Autor: Noticias Enfermeria Lugo

06/06/2026

O Colexio Oficial de Enfermería ven de renovar o convenio coa empresa RUNFOZRUN  para a participación nos Campamentos de Verán desta entidade na área da Mariña.

Estos campamentos caracterízanse por promover o aprendizaxe a través do deporte sendo este o fío conductor, actividades previstas: Fútbol, Baloncesto, Surf, Kayak, Voley, Tiro con arco, Tenis de mesa, Senderismo…

  • INSCRICIÓN PRESENCIAL: en LivingSport Foz levando a folla de inscripción, e imprescindible presentar o carnet de colexiada/o.
  • INSCRICIÓN ONLINE: poñerse en contacto coa organización a través do teléfono 659 99 66 70 ou no correo runfozrun@gmail.com para tramitar o código de desconto.

CONVENIO 20% DESCONTO COE LUGO

Destinatarios: fillos de colexiadas/os; en caso de non ter fillos poderanse inscribir sobriños da persoa colexiada (unha das duas opcións). IDADES COMPRENDIDAS ENTRE 6 E 17 ANOS. 

Horario: 10:00-13:30

Lugar: Cangas de Foz, nas datas do 30 de xuño a 31 de xullo:

  1.     Completa: 264 €  por nena/o (co desconto aplicado dun 20%)
  2.     Quincenal: 200 € por nena/o (co desconto aplicado dun 20%)
  3.     Semanal: 128 € por nena/o (co desconto aplicado dun 20%)

Consultar descontos por irmáns e prezos por servizos adicionais na páxina web.

Ver CALENDARIO ACTIVIDADES

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
06/06/2026

O Colexio Oficial de Enfermaría asina un convenio co Club Fluvial de Monforte de Lemos  para a participación nos Campamentos de Verán.

As inscricións realizaranse nas oficinas do Club Fluvial de Monforte de Lemos, situadas na rúa do Caneiro desta localidade. Imprescindible mostrar Carné de Colexiada/o.

INSCRICIÓN: Club Fluvial de Monforte

CONVENIO

  • Idades: 3 a 16 anos
  • Datas: Xuño do 22 ao 30. Xullo e agosto por quincenas
  • Horario: Quenda 1: 9:00 a 14:00, Quenda 2: 08:00 a 15:00, Quenda 3: 15:00 a 20:00

TARIFAS POR QUINCENAS PARA FILLAS/OS DE COLEXIADAS/OS SOCIAS/OS DO CLUB FLUVIAL DE MONFORTE

  • Quendas 1e 3: 73 €
  • Quenda 2: 87 €

TARIFAS POR QUINCENAS PARA FILLAS/OS DE COLEXIADAS/OS NON SOCIAS/OS DO CLUB FLUVIAL DE MONFORTE

  • Quendas 1 e 3: 93 €
  • Quenda 2: 107 €
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
06/06/2026

O Colexio de Enfermaría renova o convenio co Club Fluvial de Lugo para a participación nos Campamentos de Verán desta entidade. Este convenio inclúe a realización dunha charla semanal impartida por profesionais de Enfermaría relacionada con hábitos saudables, no marco de fomentar estilos de vida saudables nas nosas crianzas.

As inscripcións realizaranse nas oficinas do Club Fluvial, situadas en Rúa Fermín Rivera s/n (27004 LUGO); abertas en horario de mañá e tarde; información no teléfono 982 22 11 67. Imprescindible mostar Carnet de Colexiada/o.

CONVENIO

  • DESTINATARIOS: fillas/os de colexiadas/os, en caso de non ter fillas/os poderanse inscribir sobriñas/os da persoa colexiada.
  • IDADES: comprendidas entre 5 e 14 anos.

Precios por semana de campamento:

  • Colexiadas/os non socios do Club Fluvial: 63€
  • Colexiadas/os socios do Club Fluvial: 50€

Descontos acumulables por irmáns e semanas consecutivas (a consultar no folleto adxunto).

Descontos aplicado nas oficinas do Club previa identificación co carnet de colexiada/o.

Ver FOLLETO

Ver FOLLA DE INSCRICIÓN

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
23/05/2026

Os pseudónimos da/os gañadora/es do “Premios Muralla de Lugo 2026”, cuxo obxectivo é fomentar a investigación e a participación dos colexiados en actividades científicas relacionadas coa profesión enfermeira, son:

  • Pseudónimo “SGR”
  • Pseudónimo “ANONIMALUGO2026”
  • Pseudónimo “XOANIÑA”
  • Pseudónimo “RAIZ”

O premio entregarase na “Festa de Enfermería: Homenaxe á excelencia profesional” o próximo 29 de maio, é imprescindible a asistencia dalgún autor/a de os traballos premiados para recibir o premio.

“Estes Premios están subvencionados polo Consello Xeral de Enfermería dentro do programa de promoción da investigación enfermeira”

Ao aceptar o premio os gañadores declaran cumprir ao bases publicadas na páxina web do Colexio de Lugo, en caso contrario, deberán devolver o premio outorgado.

A cea terá lugar o 29 de maio no restaurante A Fortaleza, en Lugo, a partir das 20:30 horas.

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
21/05/2026

A Consellería de Sanidade abre un proceso de selección temporal para cubrir a oferta de 9 prazas de SUBINSPECTOR/A SANITARIO/A por un período de 3 anos:

  • A Coruña: 2 prazas
  • Lugo: 2 prazas
  • Ourense: 2 prazas
  • Vigo: 2 prazas
  • Pontevedra: 1 praza

HORARIO: Luns a venres en horario de mañá

XORNADA: 37,5 horas (pódese solicitar flexibilidade horaria)

REMUNERACIÓN: A partir de 32.845,54 euros anuais

REQUISITOS: Diplomado/Grao en Enfermería

Se cumpres os requisitos e estas interesada/o en formar parte desde programa podes inscribirte na páxina web do SERGAS, en expediente-e (FIDES): https://www.sergas.gal/recursos-humanos/oficina-profesional-expediente-electronico-sergas

Posted in Ofertas Emprego by Noticias Enfermeria Lugo