Buscar
Buscar

Autor: Noticias Enfermeria Lugo

12/06/2026

A Academia de Enfermaría de Galicia convoca as bases da:

I EDICIÓN DOS PREMIOS DE INVESTIGACIÓN EN ENFERMARÍA 2026 

Esta primeira convocatoria nace co firme obxectivo de estimular a produción científica de calidade, recoñecer traballos de investigación orixinais e inéditos, e contribuír de xeito ao desenvolvemento disciplinar e á excelencia da enfermaría na nosa comunidade.

PRAZO PRESENTACIÓN: aberto ata o 15 de novembro de 2026 ás 23:59 horas.

  • DESTINATARIOS: enfermeiras/os que desempeñen a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • DOTACIÓN ECONÓMICA: un total de 4.000€ en premios. Distribuídos nun primeiro premio de 3.000€ e segundo premio de 1.000€.
  • REQUISITOS DOS TRABALLOS: deben ser investigacións orixinais, inéditas e de excelente calidade científica, con relevancia para a disciplina enfermeira e impacto na práctica clínica ou na saúde comunitaria.
  • CANLE ENVÍO: os traballos remitiranse por correo electrónico ao enderezo: secretaria@academiaenfermariagalicia.org

Ver BASES

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
12/06/2026
Resolución do 29 de mayo de 2026 da Subsecretaría Xeral de Institucións Penitenciarias pola que se convoca proceso selectivo para a selección e nomeamento de persoal funcionario interino do Corpo de Enfermeiros de Institucións Penitenciarias.
A presente convocatoria e todos os actos que se deriven dela publicaranse, na páxina web do Ministerio do Interior (www.interior.gob.es), na web do órgano convocante www.institucionpenitenciaria.es e no Punto de Acceso Xeral www.administracion.gob.es
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: 09 de xuño de 2026 ata o 22 de xuño de 2026 (ambos inclusive)
Ver BASES
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
11/06/2026
O Consello Xeral de Enfermaría e o Colexio de Enfermaría de Lugo ofrecémosvos o Webinar:
“Barreira cutánea e o sol: evidencia en protección e reparación da pel”
  • Modalidade: Online síncrona
  • Fecha: 15 de xuño de 2026
  • Hora: 16:00 a 17:30 horas
  • GRATUITO
Profundar no coñecemento da barreira cutánea e o seu papel na protección da pel fronte á exposición solar, así como nos mecanismos de dano, prevención e reparación. Abordaranse estratexias prácticas para a correcta recomendación de fotoprotectores e o uso da dermocosmética para restaurar a función barreira.
INTERVEÑEN

D.ª Elena Martínez Lorenzo.
→ Dermatóloga en el Complejo Hospitalario de Toledo.

D.ª Sonia Aparicio Ibañez.
→ Directora de Enfermería del Grupo Corporativo Vithas.

D.ª Mercedes Abarquero Cerezo.
→ Farmacéutica. Scientific Medical Manager de L’Oreal Dermatological Beauty Spain.

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
10/06/2026
Colexio de Enfermería de Lugo en colaboración co Consello Xeral de Enfermería e ISFOS poñen á vosa disposición un proxecto piloto de formación EIR para o ano 2026.
Data límite de inscrición: 30/06/2026 a través do Colexio de Enfermería Lugo, chamando ó teléfono 982 24 24 50 ou enviando un correo electrónico cos datos de colexiada/o ó correo electrónico colexio@enfermerialugo.org
Metodoloxía do curso EIR
Trátase dun curso intensivo, 100% en liña, que dará comezo no mes de setembro ata a data oficial do exame EIR. O programa formativo incluirá:
  • Videoclases completas, accesibles en calquera momento.
  • Temario actualizado e revisado por expertos na materia, con ampla experiencia na preparación do EIR.
  • Test de avaliación ao finalizar cada tema, orientados a afianzar os coñecementos adquiridos.
  • Acompañamento continuo por parte dun titor especializado para a resolución de dúbidas.
  • Aplicación intelixente de test, adaptada ao progreso individual do alumno.
 Así mesmo, co obxectivo de reproducir as condicións reais do exame:
  • Cada mes realizarase un simulacro en tempo real, no que o alumno deberá completar a proba conforme o formato e tempo oficial.
  • Posteriormente, celebrarase unha sesión en directo para a corrección detallada do simulacro.
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
06/06/2026

Publicada a Resolución do 28 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidas/os e excluidas/os e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

Enfermeira/o especialista en SAUDE MENTAL

Enfermeira/o especialista do TRABALLO

Enfermeira/o especialista en FAMILIAR Y COMUNITARIA

Enfermeira/o especialista en OBSTÉTRICO-XINECOLÓXICA (MATRÓN/A)

Enfermeira/o especialista en ENFERMERÍA PEDIÁTRICA

Prazo de reclamación: do 8 ó 19 de xuño de 2026

Ver DOG

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo