Buscar
Buscar

Autor: Noticias Enfermeria Lugo

17/07/2025

Publicada a Resolución do 8 de xullo de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, convocado mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG, Nº 20, do 29 de xaneiro) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

  • DIA: 11 de Setembro de 2025
  • HORA: 15:00 horas en chamamento único
  • LUGAR: Aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, c/ Madrid, nº 2-4 (As Fontiñas)

As persoas aspirantes deberán ir provistas:

  • DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribuna
  • Bolígrafo de tinta azul.

DOG nº 135

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
17/07/2025

“Publicación das Bases reguladoras da convocatoria pública e do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de agarda de persoal laboral temporal para a cobertura temporal de prazas de GRADUADO/A ENFERMERÍA. (BOP da Coruña núm. 133 do 15 de xullo de 2025)

Prazo presentación instancias: do 16-07-25 ata 22-07-25

Sistema selectivo será o de OPOSICIÓN: de conformidade a Base DÉCIMA da convocatoria, publicase a BATERÍA DE PREGUNTAS das que se extraerán as contidas no cuestionario tipo test do primeiro exercicio da oposición.”

Enlace anuncio sede electrónica do Concello de Carballo: Sede electrónica Carballo – SERVIZO DE PERSOAL

Enlace anuncio web do Concello de Carballo: ELABORACIÓN DUNHA LISTAXE DE AGARDA DE PERSOAL LABORAL PARA A COBERTURA TEMPORAL DE PRAZAS DE GRADUADO/A EN ENFERMERÍA – Web oficial do Concello de Carballo

Posted in Ofertas Emprego by Noticias Enfermeria Lugo
11/07/2025

Publicada a Resolución do 2 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca CONCURSOOPOSICIÓN para o ingreso na categoría de ENFERMEIRA/O

  • Nº PRAZAS: 1980

Acceso libre: 1361   –   Promoción interna: 495   –   Reserva discapacidade: 124

PRAZO DE PRESENTACIÓN: dende o 14 de xullo ata 5 de setembro de 2025

SOLICITUDES:

Cubrir unha única solicitude a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE) e que logo de formalizada electrónicamente deberán imprimir, asinar e presentar nunha unidade de validación. Poderán presentarse por rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de SERGAS, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

TAXAS: 38,02€

MÉRITOS:

  • Recollidos no anexo IV e valoraranse ata ao día anterior, incluido, ao da publicación desde convocatoria no DOG.
  • Deberán estar debidamente rexistrados no sistema informático Fides/expedient-e, e acreditarse documentalmente na forma e prazo.

DOG n°132

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
09/07/2025

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a nova relación de persoas aspirantes seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2022.

  • Enfermeira/o especialista en saúde mental

PRAZO PRSENTACIÓN DOCUMENTACIÓN: As persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I desta resolución e que non presentaron a documentación no prazo establecido na Resolución do 26 de decembro de 2024, disporán do prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resoluciónpara presentar a  documentación requirida.

Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base décimo primeira da Resolución da convocatoria deste proceso, do 15 de decembro de 2022.

RELACIÓN DE ASPIRANTES

DOG nº 129

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
09/07/2025

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de enfermeira/o especialista.

  • Enfermaría familiar e comunitaria
  • Enfermaría obstétrico-xinecolóxica
  • Enfermaría pediátrica
  • Enfermaría do traballo.

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: ata o 5 de setembro de 2025

TAXAS: 38’02 €

SOLICITUDES: cubrir unha única solicitude a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE).  Poderán presentarse por rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de SERGAS, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

DOG nº 128

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo