Un 45% das defuncións de nenos no mundo asóciase á desnutrición segundo a Organización Mundial da Saúde. Os dous primeiros anos de vida destes pequenos son especialmente importantes, posto que a nutrición óptima durante este período reduce a morbilidade e a mortalidade, así como o risco de enfermidades crónicas, e mellora o desenvolvemento xeral.
Guía de Recomendacións Prácticas de Enfermaría en Nutrición no Neno san
Nesta publicación abórdanse cuestións tan relevantes como a lactación materna, a alimentación complementaria na infancia, a dieta do neno a partir dun ano, hábitos saudables e as alerxias e intolerancias.
Lactación materna
Unha mala alimentación durante as primeiras etapas do ciclo de vida pode supoñer danos irreversibles no crecemento físico e o desenvolvemento do cerebro. A lactación materna durante o primeiros seis meses de vida achega moitos beneficios tanto ao neno como á nai. Entre eles destaca a protección fronte a infeccións gastrointestinais, que se observa non só nos países en desenvolvemento, senón tamén en países industrializados.
Obesidade infantil
A medida que os nenos crecen, a súa exposición aos alimentos pouco saudables é alarmante, debido en gran medida á publicidade e a comercialización inapropiadas, á gran cantidade de alimentos de baixa calidade nutricional tanto en cidades como en zonas remotas, e ao aumento do acceso á comida rápida. A obesidade infantil é un dos principais problemas de saúde pública a nivel internacional e asóciase, xunto co sobrepeso, con numerosos problemas de saúde, tanto na infancia como na idade adulta.
Colexio oficial de Enfermaría de Lugo Nº 45 – Agosto 2025
Revista indexada nas bases de datos CUIDEN e CINAHL (distribuida por EBSCO)
Normas revista Enfermeir@s
Esta Revista está subvencionada polo Consello Xeral de Enfermaría dentro do programa de promoción da investigación enfermeira.
Publicado o novo número da revista ENFERMEIR@S Nº 45 editada e publicada polo Colexio de Enfermería de Lugo, indexada nas bases de datos CUIDEN e CINAHL (distribuída por EBSCO).
Na páxina do Colexio www.enfermerialugo.org dispós dunha plantilla de axuda para realizar un artigo científico. Entra en PUBLICACIÓNS e poderás acceder ás revistas.
Esta Revista está subvencionada polo Consello Xeral de Enfermaría dentro do programa de promoción da investigación enfermeira.
Publicada a Resolución do 6 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidas/os e excluídas/os e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).
- Enfermeira/o ⇒LISTADO DE CONTRATACIÓN
- Subinspector/a sanitario/o ⇒ LISTADO DE CONTRATACIÓN
O estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación, ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
O Ministerio de Sanidade aprobou a convocatoria de 2025/2026: 2.279 prazas para a formación especializada de Enfermaría.
Orde SND/928/2025, do 14 de agosto, pola que se aproba a oferta de prazas e a convocatoria de probas selectivas 2025 para o acceso no ano 2026, a prazas de formación sanitaria especializada para a titulación universitaria de Enfermaría.
PRAZAS: 2.279
- Enfermaría Familiar e Comunitaria: 964
- Enfermaría obstétrico-xinecolóxica (Matrona): 477
- Enfermaría en Saúde Mental: 356
- Enfermaría Pediátrica: 275
- Enfermaría Xeriátrica: 99
- Enfermaría do Traballo: 108
PRAZO DE SOLICITUDE: entre o 1 ó 12 de setembro de 2025, ambos inclusive.
DATA DE EXAME: 24 de xaneiro de 2026
SOLICITUDE: modelo 790 a cumprimentar a través da Sede electrónica do Ministerio de Sanidade (código SIA 2897569): https://sede.mscbs.gob.es/ciudadanos/procAdministrativos.do?
TAXA DE EXAME: 23,33€, que se ingresarán no Tesouro Público a través de pago electrónico ou mediante o seu abono nas entidades financeiras colaboradoras.