Publicada a RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso-oposición nas categorías:
- Enfermeiro/a
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria
- Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a)
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo
A relación provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega poderá examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
As persoas aspirantes excluídas e as declaradas non exentas da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen enmendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión e/ou a declaración de non exento/a da realización de tal exercicio, mediante un escrito dirixido á mesma unidade de validación a que se dirixiu a instancia de participación, que deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos dispoñibles do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente solicitude de participación no proceso, non consten na relación publicada.
RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).
Nº Prazas: 7 (acceso libre=4, promoción interna=2 e reserva discapacidade= 1)
Prazo de inscrición: un mes desde o día seguinte ao publicación da convocatoria no DOG.
Formulario de inscrición: cubrir unha única solicitude do modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE), instrucións no anexo VI, e que, deberán imprimir, asinar e presentar nos lugares e prazo indicados nos puntos 5.2 e 5.3, respectivamente.
Taxas: 38,02€
Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación como o sinalado no anexo VII. Tal impreso, así como os códigos para a súa formalización, seranlles facilitados ás persoas interesadas nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do SERGAS e estarán na web do SERGAS, no punto de Emprego público.
O/a solicitante poderá facer o pagamento da taxa a través de Fides/expedient-e. Unha vez confirmada a solicitude de inscrición, na pestana de procesos, xerarase ao seu carón a icona dunha tarxeta (un enlace directo ao sistema de pagamento electrónico de taxas da Consellería de Facenda e Administración Pública). Ao clicar nela cargaranse de forma automática os códigos da taxa e o importe, segundo a categoría de inscrición e, ao completar o pagamento, xerarase o xustificante de ter aboado a taxa (modelo 730), que xa quedará indexado ao carón da solicitude. Neste suposto, non será necesaria a presentación do xustificante de ter aboada a correspondente taxa xunto coa solicitude.
RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca un concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista na especialidade de enfermaría xeriátrica.
A convocatoria está aberta ao persoal diplomado ou graduado universitario de Enfermaría con vínculo de fixeza que desempeñase no Servizo Galego de Saúde na data da entrada en vigor do Decreto 81/2016, do 23 de xuño, ou nun momento anterior, as funcións propias da especialidade e acredite o título da especialidade de Enfermaría Xeriátrica.
Número de prazas convocadas:
| Especialidade | Centro | Nº de prazas | Titulacion |
| Enfermeira/o especialista en Enfermería Xeriátrica | A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos
|
7
|
Título Universitario oficial de Grao/Diplomatura en Enfermería Xeriátrica |
| A.S. de Vigo | 7 |
RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro)
Prazo: un mes desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG (publicado 29-12-2025)
Prazas
- Enfermeira/o: 7 (Acceso libre:4, Promoción Interna: 2, Reserva discapacidade: 1)
- Subinspector/a sanitario/a: 8 (Acceso libre:5, Promoción Interna: 2, Reserva discapacidade: 1)