Buscar
Buscar

V edición de axudas para impulsar o doutoramento e a investigación enfermeira no curso 2026/2027

10/10/2026

O Consello Xeral de Enfermaría, dentro da súa aposta pola investigación enfermeira, lanza a V edición de bolsas para impulsar o doutoramento e a investigación enfermeira.

Programa: axudas para enfermeiras e enfermeiros que estean a cursar estudos de doutoramento.

Prazo presentación: ata o 16 de novembro de 2026

Obxectivo: apoiar a investigación a través de subvencións que poidan ser utilizadas para:

  • Gastos de matrícula.
  • Acceso a motores de procuras bibliográficas ou artigos de pago.
  • Adquisición de ferramentas necesarias para a investigación.
  • Métodos e análises estatísticos.
  • Tradución a outros idiomas.
  • Publicación en revistas de impacto.

DESTINATARIOS E REQUISITOS

  1. Enfermeira/o colexiadas/os matriculadas/os en un programa de doutoramento para o curso 2026/2027 (con menos de 5 anos de antigüidade no devandito programa, excepto prórrogas xustificadas e aprobadas).
  2. Ser cidadán español ou cidadán estranxeiro residente no territorio español.
  3. Enfermeira/o colexiada/o polo menos 6 meses antes da convocatoria destas axudas e unha permanencia posterior tras a concesión da axuda de 6 meses. Estar ao corrente de pago das cotas colexiais

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Formulario online

INFOGRAFÍA INFORMATIVA

BASES DA CONVOCATORIA E MODELOS DE SOLICITUDE

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo