Buscar
Buscar

Recomendacións Consellería Sanidade e Consello Xeral de Enfermería aos profesionais ante a epidemia do coronavirus

04/03/2020

As enfermeiras/os debemos  informar á cidadanía das medidas hixiénicas e preventivas sobre a epidemia do coronavirus (COVI-19). É fundamental, co fin de non favorecer un escenario de pánico entre a cidadanía. Desgraciadamente, existe unha sobreinformación en redes sociais e medios de comunicación, en moitas ocasións, distorsionada e desmesurada que en ocasións favorecen actos absurdos como a compra masiva de mascarillas.

As enfermeiras/os, que en moitos casos son o primeiro elo coa cidadanía nos centros sanitarios e permanecen en maior medida en contacto cos pacientes, requiren dunha especial protección ao ser os profesionais sanitarios responsables do coidado das persoas e pacientes.

DOCUMENTO CONSELLERÍA DE SANIDADE

COMUNICADO DO CONSEJO GENERAL DE ENFERMERÍA 

TELÉFONO DE INFORMACIÓN PARA A CIDADANÍA

No caso de dúbidas ou  necesidade de información a Xunta de Galicia ten habilitado o teléfono gratuíto 900 400 116 para as súas consultas.

SINTOMATOLOXÍA

Síntomas máis comúns: FEBRE, TOSE, DIFICULTADE RESPIRATORIA OU DISNEA. No caso de chegar dunha viaxe ou estar en contacto con persoas que veñan dunha área de risco e presenten os síntomas descritos recoméndase non acudir directamente ao hospital ou centro de saúde senón CONTACTAR TELEFONICAMENTE CO 061.

 RECOMENDACIÓNS XENÉRICAS: Hixiene de mans e Hixiene respiratoria

  • Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, ou utilizar unha solución hidroalcóholica.
  • Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca se non se teñen as mans limpas.  Practicar unha boa hixiene respiratoria: cando tusa ou esbirre tapar a boca e o nariz cun pano de papel, que inmediatamente hai que desbotar nunha papeleira, ou facelo contra a flexura do cóbado. Despois de tocar as secrecións respiratorias (esbirrar, tusir, uso de panos) e/ou obxectos contaminados deberá lavar ben as mans.
  • De ter síntomas de infección respiratoria (FEBRE, TOSE, DIFICULTADE RESPIRATORIA OU DISNEA) afastarse doutras persoas, polo menos manterse a 2 metros.
  • Non se recomenda o uso de mascarilla como medida de protección para persoas que non estean enfermas. Ao contrario, pode xerar unha sensación de seguridade que non é certa e a súa manipulación pode motivar máis risco por contacto con nariz, boca ou ollos.

RECOMENDACIÓNS SOBRE VIAXES

Seguindo o principio de precaución, recoméndase non viaxar ás zonas afectadas ou ás zonas de risco, a non ser que sea estritamente necesario, que neste momento son 4 rexións do norte de Italia (rexións de Lombardía, Véneto, Emilia-Romaña, Piamonte), China incluído Hong Kong e Macao, Corea do Sur, Singapur, Xapón e Irán.

RECOMENDACIÓNS SOBRE A PARTICIPACIÓN OU REALIZACIÓN DE EVENTOS

No estado actual de difusión da enfermidade, estando en fase de contención e tendo en conta o número de casos en España, e o seu control, non parece necesario dar unha recomendación xeral de suspensión de eventos.

Si convén pedir que todas aquelas persoas que presenten sintomatoloxía (FEBRE, TOSE, DIFICULTADE RESPIRATORIA OU DISNEA), por responsabilidade persoal e comunitaria, que non acudan a este tipo de actos. E aos organizadores destes eventos que deben extremar as medidas de limpeza e distribuír os consellos actuais de como actuar se un ten síntomas.

RECOMENDACIÓNS ESPECÍFICAS PARA PROFESIONAIS SANITARIOS

Os profesionais sanitarios, pola especial situación que teñen, xa que son a base do sistema que asegura  a atención sanitaria á poboación e, ao tempo, poden estar máis expostos por esta atención, deben ser obxecto de recomendacións específicas.

Por elo, e en consonancia coa Comisión de Saúde Pública e a Comisión de Coordinación Asistencial, en relación coa epidemia de Covid-19 e os novos casos aparecidos en algunhas áreas concretas de España recoméndase ás Organizaciones Colexiais, Sociedades Científicas e aos profesionais sanitarios, fundamentalmente profesionais médicos e de enfermería, que se absteñan de organizar e asistir, nas próximas semanas, a congresos, xornadas, seminarios ou cursos de formación de gran afluencia, para evitar que estas persoas, implicadas tan estreitamente no cuidado de pacientes, podan actuar á súa vez como transmisores desta enfermidade.

 Estas recomendacións adaptaranse, en todo caso, ás que se establezan a nivel internacional ou nacional tendo en conta a evolución da enfermidade.

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo