Buscar
Buscar

Año: 2019

30/12/2019

O C.H. Universitario de Lugo oferta 11 prazas de formación de enfermeira/o especialista, unha gran noticia para a nosa provincia:

Centro Especialidade Nº Prazas
UDENFOBG -SERGAS- C.H. UNIVERSITARIO DE LUGO ENFERMERÍA OBSTÉTRICO-XINECOLÓGICA 2
UDM AFYC DE LUGO ENFERMERÍA FAMILIAR E COMUNITARIA 6
UDM PEDIATRÍA C.H. UNIVERSITARIO DE LUGO ENFERMERÍA PEDIÁTRICA 1
UDM SAÚDE MENTAL DE LUGO ENFERMERÍA DE SAÚDE MENTAL 2

Resolución do 23 de decembro de 2019, dá Dirección Xeral de Ordenación Profesional do Ministerio de
Sanidade, Consumo e Benestar Social, anuncia a data de realización do exercicio e nomea as
Comisións Calificadoras, a prazas de formación sanitaria especializada para as titulacións universitarias de grao/diplomatura de Enfermería e outras:

O exercicio celebrarase o 25 de xaneiro de 2020

VER RESOLUCIÓN 23 de decembro

VER CONVOCATORIA EIR 2019-2020

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo
23/12/2019
Anúnciase as/os colexiadas/os que dentro dun mes convocaranse eleccións a Xunta de Goberno para o primeiro trimestre de 2020evitando que coincida co exame de oposición das enfermeiras/os especialistas do SERGAS.
Artigo nº 35, c) dos Estatutos
  • A Xunta de Goberno anunciará na páxina web do colexio, e na propia sede colexial, que se vai a proceder á convocatoria de eleccións, cun mes de antelación a efectuarse a mesma.
  • Dita convocatoria non poderá efectuarse nos meses de xullo e agosto nin no período do 15 de decembro ao 10 de xaneiro do ano correspondente, que se considerarán inhábiles a estes exclusivos efectos.
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo
22/12/2019
O COE de Lugo informa da publicación no DOG, da orde do 29 de novembro de 2019, pola que se aproba a modificación dos estatutos do Colexio Oficial de Enfermería de Lugo, previamente publicados no DOG do 14 de decembro de 2005.
Un vez notificado aos colexiados e anunciado na páxina web, a Xunta de Goberno procederá os trámites para a convocatoria de eleccións, en base os mesmos.
Artigo nº 35, c)
  • A Xunta de Goberno anunciará na páxina web do colexio, e na propia sede colexial, que se vai a proceder á convocatoria de eleccións, cun mes de antelación a efectuarse a mesma.
  • Dita convocatoria non poderá efectuarse nos meses de xullo e agosto nin no período do 15 de decembro ao 10 de xaneiro do ano correspondente, que se considerarán inhábiles a estes exclusivos efectos.
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo
17/12/2019

Búscanse pediatras para traballar en Galicia

Santiago de Compostela, 15 de decembro 2019.– Ante as últimas novas en torno ao peche do Paritorio de Verín, a Asociación Galega de Matronas (AGAM) quere manifestar con este comunicado que:

  1. Apoiamos totalmente ao equipo de profesionais do Hospital de Verínque asumiu o pasado xoves un parto de urxencia, polo ben da nai e do bebé, sendo conscientes dos perigos asociados a un inminente parto “in itinere”.
  2. Rexeitamos a actitude da administración neste caso, xa que non se contaba cun protocolo específico de actuación no Hospital de Verínpara actuar da mellor forma posible ante situacións previsibles desde o anuncio do peche do paritorio, como a que aconteceu con este parto de urxencia.
  3. A nosa absoluta repulsa en relación á separación forzosa do bebé recén nado da súa naiunha separación realizada cunha urxencia desmedida en relación coas condicións clínicas do menor, segundo a información de que dispoñemos.A evidencia científica actual nos dí que a non separación e o mantemento do pel con pel débese realizar de forma inmediata e ininterrompida polo menos durante as dúas primeiras horas de vida. Esta separación forzosa que tivo lugar neste parto implica:
  • Para a nai: aumento de risco de hemorraxia postparto, dificulta o comezo e mantemento da lactancia, dificulta o vínculo e aumenta as posibilidades de sufrir tristeza e depresión postparto.
  • Para o recén nado, aumenta o risco de mala adaptación á vida extrauterina, aumenta o cortisol e estrés no bebé (e tamén na nai), aumenta tamén o risco de hipoglucemia, máis posibilidades de ingreso, peor adaptación cardiorrespiratoria, aumenta o risco de infección e de enterocolite necrotizante, e por suposto todos os riscos asociados a non establecer a lactancia materna e o vínculo.

Temos que incidir en que tamén é competencia das matronas atender ao neonatos de baixo risco. Así, de forma cotiá, os bebés que nacen sans non acostuman a coñecer ao pediatra ata o día seguinte ao nacemento. É moi grave o que aconteceu esta semana en Verín. Ademais da improvisación en canto ás xestións e responsabilidades dos profesionais involucrados, vulnerouse un dos principios fundamentais da medicina: “primum non nocere” ou o primeiro é non facer dano. Como matronas e en base á evidencia científica actual sabemos que separar a un bebé recén nado en bo estado de saúde da súa nai vulnera totalmente este principio. E sobre todo, cando o bebé podería quedar ao coidado de especialistas, matronas, que poderían acompañalo e velar porque todo transcorrera correctamente ata que ambos, nai e fillo, puideran ser trasladados a Ourense, minimizando así os riscos para a saúde de ambos.

A AGAM súmase á procura de pediatras

Despois das declaracións a medios de Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia, nas que mencionou que no caso de atopar pediatras se lles contrataría e valoraríase a reapertura do servizo de partos en Verín, desde a AGAM decidimos aportar o noso gran de area. Así, co obxectivo de velar pola saúde reprodutiva de tódalas mulleres galegas e os seus bebés, incluídas as do rural galego, estamos a contactar coas principais sociedades pediátricas a nivel nacional e internacional, para informarlles sobre os postos vacantes da especialidade de pediatría no Hospital de Verín. Agardamos que dalgún xeito, se consiga atopar profesionais para que volte a funcionar este servizo fundamental para a poboación da Galicia rural.

Asinado:

A directiva da Asociación Galega de Matronas

#PrecisamosParitorioenVerín

#SOSsanidadepública

 #matronasgalegas

 #moitoqueaportaraosistema  

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo