Buscar
Buscar

OPE ESPECIALISTAS SERGAS: publicación data e lugar dos exercicios do proceso selectivo

26/01/2020

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas especialidades da categoría de enfermeira/o especialista, convocado mediante a Resolución do 3 de maio de 2019

Os exames realizaranse no recinto da Feira Internacional de Galicia; avenida Recinto Feiral, s/n. Silleda (Pontevedra).

Publicada na www.sergas.es, sección de emprego público, as distintas portas de acceso ao recinto de realización das probas, así como os/as aspirantes asignados/as a cada unha delas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, e de bolígrafo azul ou negro, de tinta indeleble.

Data Categoría Hora
Sábado,   8 febreiro de 2020 Enfermeira/o especialista en enfermería familiar e comunitaria 15:30
Sábado,   8 febreiro de 2020 Enfermeira/o especialista en enfermería pediátrica 15:30
Domingo, 9 febreiro de 2020 Enfermeira/o especialista en enfermería de saúde mental 9:30
Domingo, 9 febreiro de 2020 Enfermeria/o especialista en enfermería do traballo 9:30

VER DOGA

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo