Buscar
Buscar

O Parlamento Galego rexeita a regulación da Enfermeira Escolar cos votos en contra do PP

06/02/2020

O partido En Marea defendeu en debate no Parlamento Galego a Proposición Non de Lei de iniciativa cidadá para o Recoñocemento e Regulación da Figura da Enfermería Escolar en Galicia. 

Os obxetivos finais da PNL expóñense nos seguintes tres puntos:

  1. Recoñecer e regular a figura da Enfermería Escolar na Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Promover un acordo entre as Consellerías competentes en materia de Educación e Sanidade para determinar a cobertura da enfermería escolar nos centros educativos sostidos con fondos públicos.
  3. Para a execución partirase da realización dun estudo sobre o número de nenas e nenos con doenzas susceptibeis de precisar atención sanitaria de xeito permanente en horario escolar, co obxecto de establecer o número de profesionais precisos para atendela, e na súa regulación promover o desenvolvemento dun programa de asistencia e educación sanitaria escolar coa dotación de persoal axeitada.

Os partidos políticos votaron o mércores 5 de Febreiro, coa maioría de votos EN CONTRA, coa seguinte distribución:

  • A Favor dos tres puntos: Grupo Mixto (En Marea) e PSOE
  • A Favor dos puntos 1 e 3 con abstención do punto 2: Común Esquerda e BNG
  • En contra dos tres puntos: PP

A iniciativa plantexada no Parlamento conta co apoio da sociedade galega cun total de 32.210 sinaturas.

O obxetivo final da implanteción desta figura é a atención dos nenos con necesidades sanitarias (enfermos crónicos coma Diabtes, Epilepsia, Asma, Autismo, TDH ou alteracións puntuais da súa saúde) no horario escolar, o cal permite unha mellor conciliación familiar e control de enfermidades; así mesmo pode permitir incluir a Educación Sanitaria na Escola (formación en RCP, promoción hábitos saudábeis, educación sexual..). Todo elo repercute positivamente no conxunto da sociedade en termos económicos, medidos en gasto sanitario que se reduce co mellor control das doenzas crónicas e reducción de episodios de crise que requiren asistencia a urxencias (crisis epilépticas, descompensación metabólicas..), aumento da productividade laboral dos proxenitores e do profesorado.

As asociacións que apoian e traballaron por esta causa do ámbito educativo e sanitario: Federación Galega de Diabetes, Unión Galega de Epilepsia, Federación Autismo Galicia, Asociación de Déficit de Atención Hiperactividade e Necesidades específicas de apoio educativo, Asociación Bicos de Papel,Asociacións de Nais e Pais (CONGAPA e CONFAPA), Colexio de Enfermería de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, Escolas Católicas, ANPE Sindicato Independente de Galicia, agradecen o traballo realizado polo grupo En Marea na defensa desta figura e no intento de buscar consenso no seu apoio. Entendemos que é unha causa de XUSTIZA SOCIAL equipararnos a outras CCAA coma Madrid, Extremadura ou Castela e León.

A Enfermeira Escolar é unha necesidade real da nosa sociedade, e un dereito das nenas y nenos, non un privilexio. 

É fundamental fomentar dende a idade escolar hábitos saudables e a promoción da saúde, para conseguir unha poboación sa. As tarefas dunha enfermeira/ou escolar non son só asistenciais ante as alteracións da saúde de nenas/vos con enfermidades crónicas (Diabetes, Asma, etc), senón son labores de Educación Sanitaria, promovendo hábitos saudables en alimentación, actividade física, educación sexual, etc. Por exemplo, en España un 40% dos nenos e nenas padecen obesidade infantil aumentando, entre outros problemas, o risco de enfermidades cardiovasculares.

 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo