Buscar
Buscar

AGAM: las matronas gallegas reclaman cambios inmediatos en la gestión de los contratos de verano

17/07/2019

La Asociación Galega de Matronas (AGAM) reclama que la situación de las matronas es insostenible.

“Coa chegada do período estival, chegaron as movilizacións de profesionais para cubrir as prazas que quedan descubertas nos centros de saúde e hospitais. No caso das matronas, a situación vivida esta semana polas compañeiras da área de Santiago resulta insostible, situación que se vive tamén noutras áreas sanitarias galegas. A día de hoxe, ​a realidade das matronas en Galicia desvela contratos ​basura
​ , ausencia de horas extra pagadas, falta de cobertura de vacantes…estase a conseguir unha fuxida de novas profesionais galegas a outras comunidades, onde sí se ofrecen contratos dignos. Pola súa banda ​as mulleres perciben a falta de continuidade na atención dos seus procesos de saúde e nalgúns casos desamparo asistencial, o que repercute nunha desconfianza no sistema sanitario público. En ​datos​, en Galicia hai actualmente 1.400.000 mulleres e tan só 145 matronas de atención primaria (9.655 mulleres por matrona), o que implica que as profesionais están a asumir case o dobre de usuarias máis do aceptable para poder desenvolver adecuadamente o seu traballo. Esta situación choca frontalmente coas declaracións realizadas esta semana polo conselleirodesanidade​, nas que comentou​a necesidade da atención integral á saúde das mulleres nas distintas etapas da súa vida​. De feito, a Asociación Galega de Matronas (AGAM) mantivo varias reunións desde o ano pasado para anticiparse a esta previsible situación, tanto coa Consellería coma coas xerencias, reclamando unha boa coordinación dos recursos e que se valore o traballo das matronas como corresponde segundo ás competencias recoñecidas por lei.
Todo isto deixa entrever unha desvalorización por parte do SERGAS do traballo das matronas, dando a entender que se pode realizar de calquera xeito, co persoal mínimo e a última hora. Por tanto agardamos que o SERGAS resolva canto antes esta situación, de forma que as matronas podamos ofrecer ás mulleres os mellores coidados, asistencia continuada, individualizada e de calidade que lles corresponden por dereito.

“Unha coordinación e xestión eficiente non só resulta de interese como é obvio para o noso colectivo, se non que repercute directamente na saúde pública e na calidade asistencial das mulleres galegas”- incide Isabel Abel, presidenta da AGAM.

  • As matronas son as profesionais de referencia para atender consultas vencelladas coa saúde sexual e reprodutiva de mulleres de todas as idades, moito máis alá da atención ao embarazo e o parto.
  • Unha cobertura ineficiente de matronas implica ademáis unha sobrecarga de todos os servicios de hospital, incrementando listas de espera, carga asistencial das urxencias e un aumento do gasto sanitario.
  • Investir en matronas é investir en saúde pública e en calidade asistencial para as mulleres, ademáis de resultar un profesional sanitario moi rentable para as arcas públicas.

NOTA DE PRENSA 

Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo