Buscar
Buscar

Adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente

27/09/2019
Publicación  no DOGA de 27 de setembro (RESOLUCIÓN 16 de setembro de 2019), pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario.
As listas coas puntuacións e, de ser o caso, os destinos definitivos asignados en cada unha das categorías, atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
As listas coas puntuacións e, de ser o caso, os destinos definitivos asigna-dos en cada unha das categorías, atópanse publicadas, á disposición das persoas intere-sadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Por necesidades organizativas e co obxecto de preservar o normal funcionamento das institucións sanitarias no proceso de incorporación dos/das profesionais como consecuencia da resolución deste proceso, os/as profesionais que estean a prestar os seus servizos no Sistema Público de Saúde de Galicia cesarán o primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do novo destino obtido debe efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde, no prazo de quince días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempe-ñada corresponde a outro servizo de saúde.
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo