11/09/2026

O Colexio de Enfermaría de Lugo en colaboración coa Comandancia da Garda Civil de Lugo organiza unha xornada formativa:
Seguridade dixital e persoal no ámbito sanitario
- DATA: 15 de outubro de 2026
- HORARIO: 16:00 a 20:00 horas
- LUGAR: Sede Colexial de Lugo (Avenida da Coruña 104 entlo – 27003 LUGO)
- PRAZAS: 25
- DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 09 de outubro de 2026
A sesión estruturarase do seguinte xeito:
- Ciberseguridade na sanidade: como defenderse dos ciberataques no día a día. Principais ameazas dixitais actuais (ransomware, phishing, enxenaría social, seguridade en dispositivos IoMT e protección de datos clínicos de pacientes).
- Autoprotección e prevención de agresón: Módulo teórico-práctico centrado en condutas de seguridade, comunicación eficaz ante situacións conflitivas e pautas de autoproteción no exercicio asistencial.
INSCRICIÓN: chamando ao 982 24 24 50 ou enviando un correo electrónico ó mail colexio@enfermerialugo.org indicando os teus datos persoais.
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermeria Lugo
