Sobre a revista

A Revista Enfermeir@s (ISSN: 1888-4830; e-ISSN: 3045-5812) é editada polo Ilustre Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, é unha publicación en acceso aberto gratuíto que ten como obxectivo principal a difusión da produción científica en enfermaría nas catro competencias ás que alude o título. Enfermeir@s acepta manuscritos en castelán, galego e inglés e conta cun sistema estable de revisión por pares.

Procurando, ademáis, incentivar, motivar e apoiar ao persoal recén graudao, Enfermeir@s acolle proxectos de investigación e investigacións elaboradas en distintos escenarios da formación de pregrao e posgrao oficial, co fin de facilitar a súa difusión e aumentar a proxección de investigadores e profesionais da ciencia enfermeira.

A´índa que principalmente dirixida a profesionais de enfermaría, a proposta de manuscritos a Enfermeir@s non se limita a este colectivo, pois está tamén aberta a calqueira profesional das ciencias da saúde que poida aportar información valiosa relacionada co eido dos coidados, susceptible de marcar as bases biolóxicas e clínicas da enfermidade así como a súa etioloxía, prevención e tratamento, entre outras.

As seccións de investigación da revista son: Artigos Orixinais de Ciencias da Saúde, Artigos Orixinais de Ciencias Sociais e Humanidades, Revisións, Proxectos de Investigación, Casos Clínicos, Notas de Enfermaría, Reportes Breves e Cartas ao Director. Todas elas sometidas ao proceso de revisión por pares.

A revista Enfermeir@s posee tamén unha sección de miscelánea para a difusión e divulgación social das diferentes actividades, eventos ou outros contidos divulgativos do Colexio de Enfermaría, da provincia de Lugo ou Galicia.

Consulte as normas de envío de cada unha das seccións para remitir o seu manuscrito.

Número actual

Vol. 2 Núm. 47 (2026): Enfermeir@s. Revista do Ilustre Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo
					Ver Vol. 2 Núm. 47 (2026): Enfermeir@s. Revista do Ilustre Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo
Publicada: 2026-09-30

Revisións

Reportes breves, Casos Clínicos e Notas de Enfermaría

Miscelánea

Ver todos os números