Sociedade Galega de Feridas

Autores/as

  • Javier Castro Prado SERGAS

Palabras clave:

Enfermaría, Feridas, Sociedade

Resumo

Na cidade de Lugo, o día 24 de novembro do ano 2011, ten lugar a reunión fundacional da SOCIEDADE GALEGA DE FERIDAS, constituída como unha sociedade sen ánimo de lucro que desenvolverá as súas actividades principalmente no ámbito autonómico. Esta sociedade estará encamiñada a mellorar o coñecemento sobre un problema de gran repercusión na nosa sociedade, como son as feridas crónicas; as cales se consideran un problema de saúde, de diminución da calidade de vida e de repercusión económica moi importante. A existencia desta Asociación ten como fins principais fomentar o estudo da prevención, diagnóstico e tratamento dos pacientes con feridas crónicas, así como establecer un nexo de coordinación, comunicación mutua e intercambio científico, entre os seus membros e entre as distintas asociacións científicas que interveñen en algún dos procesos antes mencionados das feridas crónicas

##plugins.generic.usageStats.downloads##

##plugins.generic.usageStats.noStats##

##submission.citations##

N/A

##submission.downloads##

Publicada

2025-09-12