Limiar. E ti mais

Autores/as

  • Javier Coria Abel Director Enfermeir@s

Palabras clave:

Opinión, Sociedade, Enfermaría

Resumo

E ti máis. Ben facía case corenta anos que non escoitaba este argumento con tanta frecuencia. Este “e ti máis” era unha frase moi empregada polos rapaces inexpertos na vida que, diría algún escritor de fama: con todo un mundo por coñecer. Esa frase carraxenta coa que se podían sacudir de enriba algunhas acusacións pouco fundadas, coa intención de amolar e tamén de probar a soltura dialéctica dos compañeiros de clase; co sinxelo xeito de dirixir a mirada cara outro lado ou ben culpando o acusador do mesmo pecado que el nos endosaba. Podían chegar a repetila centos de veces: “… ti máis... Non, ti... Non, ti máis aínda…” ata que –finalmente– se chegaba ás mans. Eran outros tempos, máis violentos que os actuais. Pero claro, a aquelas tenras cabeciñas non se nos podía pedir moito máis. Nin dialécticamente falando, nin socialmente falando.

##plugins.generic.usageStats.downloads##

##plugins.generic.usageStats.noStats##

##submission.citations##

N/A

##submission.downloads##

Publicada

2025-09-12