Coñecementos da mocidade de Ferrolterra respecto á infección polo Virus da Inmunodeficiencia Humana

Autores/as

  • Eva Tizón Bouza SERGAS
  • Damián García Rodríguez SERGAS
  • María Dorinda Teijeiro González SERGAS
  • Virginia Dastro Crespo SERGAS
  • Marta Porto Esteiro SERGAS
  • Laura Almeida López SERGAS
  • Lara María Gabia Rascado SERGAS
  • Alma María San Isidro Morado SERGAS
  • Zoraida Rodríguez SERGAS

Resumo

Introdución: Hoxe en día existe unha gran cantidade de información sobre sexualidade e ITS ao alcance da sociedade e, en ocasións, é difícil diferenciar entre unha información veraz e unha errónea ou distorsionada. Isto posiciona aos adolescentes nunha situación de especial vulnerabilidade. A epidemioloxía e, especialmente, a etioloxía do VIH/SIDA variaron moito nos últimos anos no noso país. Unha edición máis, o programa GALIA Galicia focalizou as súas intervencións na prevención do VIH a través dos seus axentes de saúde.

Metodoloxía: Estudo descriptivo de corte transversal. A poboación está constituída por 274 mozos e mozas de entre 14 e 18 anos, no contexto dalgúns centros de ensino da zona de Ferrolterra (A Coruña). Os datos recolléronse durante os meses de novembro e decembro de 2011 mediante un cuestionario elaborado nun grupo focal.

Resultados: Un 90% dos enquisados ten información sobre VIH/SIDA e un 74% desta provén da televisión. Un 61% opina que unha persoa con VIH ten SIDA. Un 77% dos mozos afirman non ter estado nunca expostos ao virus cando só un 4% realizou a proba de detección.

Discusión: A pesar de que a información sobre VIH/SIDA parece estar ao alcance de todos, obsérvanse respostas contraditorias que poden relacionarse coa carencia dunha información "nítida" non distorsionada polos medios de comunicación ou pola sociedade. Os mozos enquisados non teñen presente a posibilidade de estar en contacto co VIH, e esta falta de conciencia segue sendo un factor de risco determinante fronte a futuras infeccións.

##plugins.generic.usageStats.downloads##

##plugins.generic.usageStats.noStats##

##submission.citations##

Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. Vigilancia epidemiológica del VIH-sida en España. Situación a 30 de junio de 2011. Madrid, MSSSI, Nov 2011. Disponible en: http://www.msssi.gob.es/ciudadanos/enfLesiones/enfTransmisibles/sida/vigilancia/InformeVIHSida_Junio_2011.pdf

Xunta de Galicia. Informe VIH/SIDA en Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2011. Disponible en: http://www.sergas.es/cas/DocumentacionTecnica/docs/SaudePublica/sida/informe%20VIH-SIDA%20%202011%20castellano.pdf

León Puig MJ, Lozano Escobar J. Diagnóstico de las intervenciones educativas grupales de prevención del VIH/SIDA realizadas por ONG del Estado Español entre jóvenes escolarizados. Barcelona: SIDASTUDI, Septiembre 2008.

Consejo de la juventud de España. Guía de prevención de la transmisión del VIH/sida y otras infecciones de transmisión sexual. Guía campaña de prevención de VIH 2005-2006. Madrid; CJE, 2007.

##submission.downloads##

Publicada

2025-09-06