A vacinación da gripe estacional nas xestantes e puérperas

Autores/as

  • Cristian Martín Vázquez Redactor Enfermeir@s
  • Laura Rosón Matilla SERGAS

Palabras clave:

Muller embarazada, Recén Nado, Vacunas de Influenza, Educación para a Saúde

Resumo

As mulleres embarazadas e os neonatos son grupos de poboación en risco de complicacións e hospitalización relacionadas coa gripe estacional. A infección polo virus da gripe durante o primeiro trimestre de embarazo asociouse a un aumento de malformacións cardíacas, beizo leporino e defectos do tubo neural, e durante o segundo e terceiro trimestre a un maior número de abortos e partos prematuros. Outros autores engaden, ademais, retraso no crecemento do neno.

A vacinación demostrou ser un factor de protección fronte a varios destes problemas e enfermidades respiratorias, ademais de ser segura en calquera trimestre do embarazo. De forma xeral, recoméndase a vacinación ás xestantes e puérperas (ata os 6 meses de vida do neonato). A vacina demostrou ser segura tanto para a muller como para o feto. Os efectos secundarios son pouco frecuentes e, cando aparecen, adoitan ser locais e/ou de carácter leve.

A Organización Mundial da Saúde, o Ministerio de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) declaran este colectivo como prioritario para a vacinación contra a gripe estacional. Este ano, o SERGAS realizou unha campaña de vacinación secuencial, permitindo que estas mulleres accedan á vacina a partir do 14 de novembro.

##plugins.generic.usageStats.downloads##

##plugins.generic.usageStats.noStats##

##submission.citations##

Servizo Galego de Saúde. Informe campaña vacunación 2020 [Internet]. 20 de noviembre de 2021 [citado el 20 de noviembre de 2021]. Disponible en: https://www.sergas.es/Saude-publica/Documents/6728/Informe_Campana_Vacinacion_Antigripal_2020.pdf

Servizo Galego de Saúde. Preguntas y respuestas sobre la vacunación de la gripe en embarazadas [Internet]. 20 de noviembre de 2021 [citado el 20 de noviembre de 2021]. Disponible en: https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/vacunaciones/programasDeVacunacion/embarazadas/docs/Embarazadas_Preguntas_respuestas_VacunacionGripe.pdf

Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios (AEMPS). Ficha técnica Vaxigrip Tetra® [Internet]. Revisada en agosto de 2021 [citado el 20 de noviembre de 2021]. Disponible en: https://cima.aemps.es/cima/dochtml/ft/81098/FT_81098.html

Bettinger JA, Greyson D, Money D. Attitudes and beliefs of pregnant women and new mothers regarding influenza vaccination in British Columbia. J Obstet Gynaecol Can. 2016;38(11):1045-52.

Thompson MG, Kwong JC, Regan A, Katz MA, Drews SJ, Azziz-Baumgartner E, et al. Effectiveness of influenza vaccine in preventing influenza-associated hospitalizations during pregnancy: a retrospective test-negative design study in multiple countries, 2010-2016. Clin Infect Dis. 2019;68(9):1444-53. doi: https://doi.org/10.1093/cid/ciy737

##submission.downloads##

Publicada

2025-08-30