Dereitos e Responsabilidades

Autores/as

Palabras clave:

Opinión, Enfermaría, Dereitos

Resumo

Desde o pasado mes de novembro, a enfermaría española estamos de noraboa.
Escoitamos e lemos en distintos medios palabras de felicitación. Todos esperabamos a publicación do famoso Real Decreto que nos permitiría desenvolver o noso traballo como moitos enfermeiros críamos que debía ser e, de feito, facíamolo, pero agora "legalmente".
Xa somos unha profesión independente, cunha misión na sociedade.
En medio da euforia, non debemos esquecer que agora temos maior responsabilidade: temos unhas funcións propias de enfermaría, e xa non valen as escusas de "non me deixan", "non mo mandaron"... Debemos ter moi claro cales son as nosas responsabilidades e temos a obriga de estar á altura. Só será así cando a sociedade acuda ao enfermeir@ nos momentos en que teña unha dificultade ou dúbidas no mantemento da saúde; do mesmo xeito que acode ao médico cando cre que está enfermo, ao traballador social cando precisa recursos sociais, ao avogado cando ten un problema legal, etc... E isto conséguese demostrándolles que somos capaces de ofrecer: axuda, coidados, ensinarlles a axudarse a si mesmos ou apoio ao final da vida.
Se temos a regulación xurídica máis avanzada actualmente, se se nos recoñece como os profesionais mellor preparados de Europa, temos a obriga de traballar en serio, sen deixar de loitar por mellorar as condicións laborais e de formación, para manter o nivel da profesión de Enfermaría onde lle corresponde, e que, por unha vez, sexan outros países os que sigan o modelo de España.

##plugins.generic.usageStats.downloads##

##plugins.generic.usageStats.noStats##

##submission.citations##

NA

##submission.downloads##

Publicada

2025-12-05