Novas. Área Centro: Lugo

Autores/as

  • Mª José Río Varela Redactora Enfermeir@s
  • Mª Elena Lorenzo López Redactora Enfermeir@s
  • Marina Paz Alvariño Redactora Enfermeir@s
  • Cristina Pernas Díaz Redactora Enfermeir@s

Palabras clave:

Alcoholismo, Enfermaría, Opinión

Resumo

  • O alcoholismo na zona centro de Lugo. Á hora de realizar unha aproximación á problemática do alcoholismo na zona centro de Lugo, decidimos achegarnos á Cruz Vermella para falar co equipo encargado do servizo de alcoholismo e drogodependencias en Lugo. En Información remítennos ao Dr. Manuel Varela Veiga, médico encargado dos servizos de alcoholismo e drogodependencias en Lugo, na Cruz Vermella e mais en ALIAD (Asociación Lucense de Axuda ao Drogodependente), que consulta no Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes, e é presidente de FEGAD (Federación Galega de Asociacións de Axuda ao Drogodependente) e secretario da UNAD (Unión Española de Asociacións e Entidades de Atención ao Drogodependente).
  • Unha das miñas cidades. No mes de febreiro realizouse na sede colexial de Lugo o Curso de Formador de Formadores da Escola de Ciencias da Saúde de Madrid. O profesor encargado de impartir este curso foi Eloy Hernández Martín, diplomado en enfermaría e supervisor do Servizo de Inmunoloxía e Alerxia do Hospital Ramón e Cajal de Madrid
  • Prevención de drogas no Concello de Vilalba. Dentro do departamento de Servizos Sociais do Concello de Vilalba existe un servizo específico de prevención de drogodependencias e alcoholismo. Este programa de prevención das drogas é un convenio asinado en 1994 entre o Comisionado do Plan de Galicia sobre Drogas da Consellería de Sanidade e o Concello, e cofinanciado por ambas entidades.

##plugins.generic.usageStats.downloads##

##plugins.generic.usageStats.noStats##

##submission.citations##

N/A

##submission.downloads##

Publicada

2025-11-30